Pablo Jarillo Herrero (Valencia, 11 de xuño de 1976) é un físico experimental español, Premio Wolf de Física en 2020,
Biografía Licenciado en Física na Universidade de Valencia (1999), fixo o posgrao na Universidade de California en San Diego e o doutoramento na Universidade Técnica de Delft (2005) con Leo P. Kouwenhoven como director de tese. Pasou logo á Universidade de Columbia (Nova York), e no 2008 ó Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) como profesor e investigador. O seu campo de estudo son as propiedades electrónicas e ópticas de materiais bidimensionais como o grafeno, na área de Física da Materia Condensada. destacan as súas achegas sobre transistores cuánticos en nanotubos de carbono e a superconductividade dos sistemas sinxelos de dúas láminas de grafeno ó xirar unha sobre outra 1,1 graos, traballo que amosou na práctica as ideas expostas por Allan MacDonald e Rafi Bistritzer.
Premios e distincións
Premio a Investigadores Noveles 2006 da Real Sociedad Española de Física. Presidential Early Career Award for Scientists and Engineers (PECASE) 2012 (outorgado polo Presidente dos Estados Unidos Barack Obama. ONR Young Investigator Award 2013. Premio Oliver E. Buckley de Materia Condensada 2020 polo descubrimento da superconductividade do grafeno ó apilarse en dúas capas orientadas en ángulo. Premio Wolf en Física 2020, compartido con Allan MacDonald e Rafi Bistritzer.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do grupo de investigación de Pablo Jarillo no MIT
Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Valencia Categoría:Profesores do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Alumnos da Universidade de Valencia Categoría:Físicos de España