Eduardo Villardefrancos Rodríguez, nado na Coruña en 1874 e finado na mesma cidade o 1 de novembro de 1939, foi un empresario cinematográfico galego.Entrada “Villardefrancos, Eduardo” na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Traxectoria Foi fillo de Eduardo Villardefrancos Pardo de Andrade e alumno do pintor Luís Álvarez. Estudou en París Belas Artes. Traballou de profesor de debuxo e foi tamén libreiro, pero en xullo de 1908 abriu na Coruña o salón París. No salón París realizábanse diferentes espectáculos, e posteriormente, dende finais de 1911, adicouse exclusivamente á proxección de filmes. Esta sala foi a primeira sala de cine estable de Galicia, e unha das máis importantes da Coruña durante as primeiras décadas do século XX.
Tamén se adicou á produción e a traballar como operador de filmes, gravando varias reportaxes sobre acontecementos sociais da cidade da Coruña. Algúns dos que se proxectaron foron: La Semana Santa en La Coruña (1911), Torneo de foot-ball (1911), Llegada y salida del tren rápido de La Tribuna y banquete con los periodistas locales (1912), Gran concurso hípico coruñés (1912) ou La botadura del Alfonso XIII (1913).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas no Museo de Belas Artes da Coruña.
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1874 Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Personalidades do cinema de España Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Pintores de Galicia do século XIX Categoría:Finados en 1939 Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público