Gisaengchung (en ) é un filme surcoreano de suspense e comedia negra de 2019 dirixido por Bong Joon-ho, quen tamén elaborou a historia orixinal e coescribiu o guión con Han Jin-won. Está protagonizado por Song Kang-ho, Lee Sun-kyun, Cho Yeo-jeong, Choi Woo-shik e Park So-dam, e conta a historia dos membros dunha familia pobre que artella un plan para converterse en empregados da casa dunha familia rica pretendendo ser profesionais altamente cualificados sen relación entre eles.
Gisaengchung tivo a súa estrea internacional no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019 o 21 de maio de 2019, onde se converteu no primeiro filme coreano en gañar a Palma de Ouro e o primeiro filme en conseguilo con voto unánime dende La Vie d'Adèle do Festival de 2013. O filme estreouse en Corea do Sur a través de CJ Entertainment o 30 de maio de 2019 e no resto do mundo durante 2019 e comezos de 2020. Recibiu a aclamación da crítica, entrando en moitas clasificacións dos mellores filmes da década. Recadou 167,6 millóns de dólares en todo o mundo, converténdose no filme con maior recadación de Bong e de Corea do Sur.
Na 92ª edición dos Óscar, o filme conseguiu seis nomeamentos, e gañou catro premios, incluíndo mellor filme, mellor director, mellor guión orixinal e mellor filme internacional, converténdose no primeiro filme surcoreano en gañar o premio da Academia, así como o primeiro filme en lingua non inglesa en conseguilo. Na 77ª edición dos Globos de Ouro, o filme gañou o premio ó mellor filme en lingua non inglesa, e tamén recibiu catro nomeamentos ós BAFTA, gañando os premios de mellor filme en lingua non inglesa e mellor guión orixinal.
Personaxes Song Kang-ho como Kim Ki-taek, pai da familia Kim Lee Sun-kyun como Park Dong-ik, pai da familia Park Cho Yeo-jeong como Yeon-gyo, nai da familia Park Choi Woo-shik como Kim Ki-woo, fillo da familia Kim Park So-dam como Kim Ki-jeong, filla da familia Kim Chang Hyae-jin como Chung-sook, nai da familia Kim Jeong Ji-so como Park Da-hye, filla da familia Park Jung Hyeon-jun como Park Da-song, fillo da familia Park Lee Jung-eun como Gook Moon-gwang, como ama de chaves como Geun-sae, marido de Moon-gwang Park Geun-rok como Yoon, o chofer Jung Yi-seo como a xerente da pizzería Park Seo-joon como Min-hyuk (cameo)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Corea do Sur propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes dirixidos por Bong Joon-ho Categoría:Filmes rodados en Seúl Categoría:Filmes ambientados en Corea do Sur Categoría:Filmes ambientados en 2018 Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes de CJ Entertainment Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Óscar ó mellor filme internacional Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX