Dolor y gloria é un filme español de 2019 dirixido e escrito por Pedro Almodóvar. Está protagonizado por Antonio Banderas, Asier Etxeandia, Penélope Cruz, Julieta Serrano e Leonardo Sbaraglia.

O filme estreouse en España o 22 de marzo de 2019 con valoracións positivas. Estreouse internacionalmente no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019, onde o filme foi escollido para competir pola Palma de Ouro, mentres que Banderas gañou o premio de mellor actor e Alberto Iglesias o de mellor banda sonora. Dolor e gloria foi escollido como candidato de España para o mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar, clasificándose na lista curta de decembro, e posteriormente sendo nomeado. Foi escollido pola revista Time como o mellor filme do ano.

Personaxes Antonio Banderas como Salvador Mallo Penélope Cruz como Jacinta Mallo Raúl Arévalo como Venancio Mallo Leonardo Sbaraglia como Federico Delgado Asier Etxeandia como Alberto Crespo Cecilia Roth como Zulema Pedro Casablanc como Doutor Galindo Nora Navas como Mercedes Susi Sánchez como Beata Julieta Serrano como Jacinta Mallo (maior) Julián López como o presentador Paqui Horcajo como Mercedes Rosalía como Rosita Marisol Muriel como Mari César Vicente como Eduardo Asier Flores como Salvador Mallo (de neno) Agustín Almodóvar como o sacerdote Luis Calero como irmán José María Sara Sierra como Conchita

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Pedro Almodóvar Categoría:Filmes producidos por Agustín Almodóvar Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes ambientados en Madrid Categoría:Filmes sobre escritores Categoría:Filmes sobre depresión Categoría:Filmes sobre temática LGBT de España Categoría:Filmes gañadores do Premio Goya á mellor película