Limitryu Tupaq Yupanki (en castelán Demetrio Túpac Yupanqui), nado en San Jerónimo, Cuzco, o 22 de decembro de 1923 e finado en Lima o 3 de maio de 2018,Demetrio Túpac Yupanqui: “Si el quechua se aprende de pequeño queda para toda la vida” . Entrevista, La República, 15 de mayo de 2013 foi un profesor de lingua quechua (ou máis preciso o quechua do sur), tradutor de castelán a quechua e xornalista peruano.

Traxectoria Ós catorce anos ingresou no Seminario de San Antonio Abad de Cuzco, onde estudou teoloxía, humanidades, filosofía, latín e grego; tamén aprendeu a aplicar a lingüística á lingua falada pola súa familia, o quechua. Finalmente, non se ordenou sacerdote. Foi a Lima, onde estudou Filosofía na Pontificia Universidade Católica do Perú, e despois Dereito na Universidade Nacional Maior de San Marcos. Traballou no xornal La Prensa, e comezou a dar clases de quechua. Posteriormente, abriu a súa propia academia, Yachay Wasi. Tamén impartiu clases da lingua nos Estados Unidos.

En novembro de 2005, grazas ó seu traballo, publicouse finalmente a tradución ó quechua do clásico castelán Don Quixote da Mancha co nome Yachay sapa wiraqucha dun Qvixote Manchamantan.

En 2008, a súa obra El curso quechua foi traducida ó ruso por A. Skromnitsky.

Notas

Categoría:Nados en 1923 Categoría:Nados en Cuzco Categoría:Finados en 2018 Categoría:Escritores en lingua quechua Categoría:Alumnos da Universidade Nacional Maior de San Marcos Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Católica do Perú