Joaquín Fole Vilar, nado en Cambados en 1924 finado en Vilagarcía de Arousa en febreiro de 2003,Fallece Joaquín Fole Vilar, alcalde de Cambados entre 1965 y 1974 foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Darío Fole Malvar. Funcionario xudicial. Falanxista, foi delegado da Frente de Juventudes en Cambados até que foi nomeado xefe local do Movimento Nacional e alcalde desa vila en 1965. Permaneceu no cargo até 1974. Foi un dos impulsores da promoción e consolidación da Festa do albariño. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a Candidatura Independiente Democrática que obtivo catro concelleirosLa Voz de Galicia, Arousa, 5-4-2009, p. 9. e foi a segunda forza máis votada, por detrás da Unidade Galega de Xoán Antonio Pillado Silvoso, que foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 encabezou a Converxencia de Independentes de Galicia (CIGA) sen obter representación. Nas municipais de 1991 encabezou a lista do PSdeG-PSOE e logrou un concelleiro, por detrás do PPdeG e o BNG. Dimitiu en febreiro de 1993, dándolle paso como concelleiro a Domingo Tabuyo Romero.

Vida persoal

Casou con María del Carmen Pintos Costa. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Alcaldes de Cambados dende 1909 ata 2008

Categoría:Alcaldes de Cambados Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes