Scott Scovell Hamilton, nado en Bowling Green (preto de Toledo, Ohio) o 28 de agosto de 1958 é un patinador artístico retirado estadounidense. Gañou catro campionatos estadounidenses consecutivos (1981–84), catro campionatos do mundo consecutivos (1981–84) e unha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1984. O seu movemento estrela é un backflip, figura que poucos outros patinadores puideron realizar, xa que está contra as regras de competición olímpicas e dos Estados Unidos, mais que incluíu nas súas rutinas de exhibición como afeccionado para agradar o público e nas súas rutinas de competición profesional. Tamén é recoñecido polas súas innovadoras secuencias de xogo de pés. Trala súa retirada, involucrouse en obras de caridade e escribiu tres libros.
Resultados Internacionais Competición 77–78 78–79 79–80 80–81 81–82 82–83 83–84 Xogos Olímpicos de Inverno 5.º 1.º Campionatos do Mundo 11.º 5.º 1.º 1.º 1.º 1.º Skate America 1.º 1.º 1.º Skate Canada 1.º NHK Trophy 4.º 1.º Nebelhorn Trophy 2.º Nacionais U.S. Champ. 3.º 4.º 3.º 1.º 1.º 1.º 1.º
Vida persoal Familia O 14 de novembro de 2002, casou coa nutricionista Tracie Robinson. A parella ten tres fillos, Aidan McIntosh Hamilton (nado o 13 de setembro de 2003), Maxx Thomas Hamilton (nado o 21 de xaneiro de 2008), e Jean Paul, e unha filla, Evelyne. A familia reside en Franklin, Tennessee.
Enfermidades En 1997, Hamilton tivo unha batalla moi publicitada contra o cancro testicular. Volveu á patinaxe tralo seu tratamento e a súa historia apareceu en revistas e na televisión. O 12 de novembro de 2004 anunciouse que Hamilton tiña un tumor cerebral benigno, que foi tratado na Cleveland Clinic.
O 23 de xuño de 2010, Hamilton foi sometido a unha cirurxía cerebral para evitar a reaparición do tumor descuberto en 2004. A cirurxía foi un éxito. En 2016 anunciou que recibira o seu terceiro diagnóstico por un tumor cerebral, mais a finais de marzo de 2017, afirmou que o tumor se reducira sen quimioterapia.
Política En 2012, Hamilton fixo aparicións públicas apoiando a campaña presidencial do republicano Mitt Romney. Tamén falou en apoio de Donald Trump e apareceu nun capítulo de Celebrity Apprentice.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Páxina oficial NBCOlympics.com Bio
Categoría:Nados en Ohio Categoría:Nados en 1958 Categoría:Patinadores artísticos olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en patinaxe artística Categoría:Patinadores artísticos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1980 Categoría:Patinadores artísticos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1984 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1984 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América