Evaristo Carballo Nóvoa, nado no Carballiño cara a 1895 e finado no mesmo concello o 19 de febreiro de 1987,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-2-1987, p. 58 foi un carpinteiro e sindicalista galego.
Traxectoria Membro da UGT e presidente da Casa do Pobo do Carballiño.El Pueblo Gallego, 6-5-1936, p. 5. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu agochado nunha bodega nos arrededores do Carballiño. A muller e a familia falsificaron cartas para facer crer que estaba na Arxentina. Enfermou na bodega na que estaba agochado e foi curado polo médico e correlixionario Enrique de los Arcos Fajardo. Foi sancionado con 5000 pesteas o 25 de maio de 1938. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sindicalistas de UGT Galicia Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Carpinteiros