Shigella dysenteriae é unha especie de bacterias de forma bacilar do xénero Shigella. Especies de Shigella poden causar shigelose (tamén chamada disentería bacilar)Diccionario galego de termos médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. 2002. Páxina 702.. Son bacterias gramnegativas, non formadoras de esporas, anaerobias facltativas. S. dysenteriae ten a capacidade de invadir e replicarse en varias especies de células epiteliais e enterocitos.

Epidemioloxía

As infeccións por Shigella poden contraerse por falta de control da auga potable ou da calidade dos alimentos, cociñar en condicións pouco hixiénicas e, en xeral, prácticas hixiénicas pouco axeitadas.. S. dysenteriae espállase a través de augas e alimentos contaminados, causa unha disentería menor debido á toxina Shiga, pero outras especies poden tamén ser axentes de disenterías. S. dysenteriae libera unha exotoxina que afecta ao tracto gastrointestinal e ao sistema nervioso central. Se actúa como enterotoxina, ocorre a diarrea. Cando actúa como neurotoxina, orixínanse casos graves de shigelose, que inducen comas e meninxismo.

Signos e síntomas

Os signos que se observan máis comunmente asociados coa disentería por Shigella son a colite, malnutrición, prolapso rectal, tenesmo, artrite reactiva e problemas no sistema nervioso central. Ademais, S. dysenteriae está asociada co desenvolvemento da síndrome hemolítica-urémica, que inclúe anemia, trombocitopenia e insuficiencia renal. Se un individuo é infectado por S. dysenteriae, experimenta un grave caso de shigelose. A mortalidade é máis alta con S. dysenteriae tipo 1. A maioría dos casos de shigelose danse en países en desenvolvemento. Os gromos de shigelose en Asia, América Latina e África tiveron taxas de mortalidade de ata o 20%.

Diagnóstico

Como un espécime fecal típico non é estéril, o uso de placas selectivas é obrigatorio. Inocúlanse XLD ágar, DCA ágar ou ágar entérico Hektoen; todas dan colonias incoloras, xa que o organismo non é un fermentativo de lactosa. A inoculación dun tubo inclinado TSI (co medio Triple Sugar Iron. Triplo Azucre Ferro) mostra un tubo alcalino e ácido, pero non gas, ou produción de . Despois da incubación en SIM (con medio Sulphide Indole Motility, Sulfuro Indol Mobilidade), o cultivo aparece non móbil e sen produción de . A adición do reactivo de Kovac ao tubo SIM despois do crecemento indica tipicamente que non hai formación de indol (pero os serotipos 2, 7 e 8 producen indol). A proba do manitol da resultado negativo. A proba da ornitina descarboxilase dá resultados negativos.

Tratamento

O tratamento da shigelose, independentemente da subespecie ou tipo implicado, require o uso de antibióticos. Os antibióticos utilizados normalmente son a ampicilina, ciprofloxacina, ceftriaxona, entre outros. Os opioides deberían evitarse no tratamento da shigelose.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Cepa tipo de Shigella dysenteriae en BacDive - The Bacterial Diversity Metadatabase

Categoría:Enterobacteriaceae