Os Hydrophiinae, xeralmente chamados serpes mariñas, son unha subfamilia de serpes velenosas elápidas, que habitan ambientes mariños durante toda a súa vida e mesmo se reproducen ovoviviparamente na auga (menos un xénero que ten que poñer ovos en terra). Anteriormente estaban clasificadas nunha familia propia, pero actualmente considéranse dentro dos elápidos, aínda que a súa taxonomía non está de todo clara. As Hydrophiinae, sensu lato, comprenden todas as serpes mariñas e este é o sentido que se lles dará neste artigo, pero nalgunhas clasificacións sepárase o xénero Laticauda nunha subfamilia á parte. A maioría das serpes mariñas están adaptadas a unha vida completamente acuática e son incapaces de moverse en terra, agás no caso das especies do xénero Laticauda, que poden realizar movementos limitados en terra. Outros grupos distintos de serpes doutras familias que poden vivir en augas salobres ou mesmo mariñas non están tan adaptadas á vida acuática e deben considerarse serpes terrestres. As Hydrophiinae encóntranse en augas costeiras cálidas do océano Índico e do Pacífico e parece que a maioría están estreitamente relacionadas con serpes terrestres velenosas de Australia.

Todas as serpes mariñas teñen colas con forma de remo e moitas teñen todo o corpo aplanado lateralmente, o que lles dá unha aparencia de anguía. A diferenza dos peixes, non teñen branquias e deben subir regularmente á superficie para respirar aire como calquera réptil. Xunto con mamíferos como as baleas, están entre os vertebrados máis completamente acuáticos que respiran aire.Parker HW, Grandison AGC. 1977. Snakes – a natural history. Second Edition. British Museum (Natural History) and Cornell University Press. 108 pp. 16 plates. LCCCN 76-54625. (cloth), (paper). Neste grupo hai especies que teñen algúns dos velenos máis potentes coñecidos entre as serpes. Porén, algunhas son mansas e só morden cando son provocadas, pero tamén hai outras moito máis agresivas. Actualmente, hai descritos 17 xéneros de serpes mariñas, que comprenden 69 especies.

Descrición

A maioría dos adultos das especies de serpes de mar medran entre os 120 e os 150 cm de lonxitude,Stidworthy J. 1974. Snakes of the World. Grosset & Dunlap Inc. 160 pp. . e a máis longa, Hydrophis spiralis, acada un máximo de 3 m.Fichter GS. 1982. Poisonous Snakes. A First Book. Franklin Watts. 66 pp. . Teñen ollos relativamente pequenos con pupilas redondasDitmars RL. 1933. Reptiles of the World. Revised Edition. The MacMillan Company. 329 pp. 89 plates. e a maioría teñen os orificios nasais localizados en posición dorsal.Mehrtens JM. 1987. Living Snakes of the World in Color. New York: Sterling Publishers. 480 pp. . Os seus cranios non difiren significativamente dos típicos dos elápidos terrestres, aínda que a súa dentición é relativamente primitiva con cairos curtos e, coa excepción de Emydocephalus, con 18 dentes máis pequenos detrás deles na maxila.

miniatura|esquerda|Laticauda colubrina

A maioría das serpes mariñas son completamente acuáticas e adaptáronse ao ambiente mariño de moitas maneiras, a máis característica das cales é ter unha cola con forma de remo que mellora a súa capacidade natatoria. Os corpos de moitas especies, en graos variados, están comprimidos lateralmente, especialmente nas especies peláxicas. Isto a miúdo causou que as escamas ventrais se reducisen en tamaño, mesmo ata ser difícil distinguilas das escamas adxacentes. A súa practicamente ausencia de escamas ventrais significa que son virtualmente incapaces de moverse en terra, pero como a maioría viven o seu ciclo vital completo no mar, non teñen a necesidade de saír da auga.

O único xénero que conservou escamas ventrais grandes é Laticauda, que comprende cinco especies. Estas serpes son consideradas máis primitivas, xa que pasan moito tempo en terra, onde as súas escamas ventrais lles dan suficiente agarre para a locomoción. As especies de Laticauda son tamén as únicas serpes mariñas que teñen escamas internasais, é dicir, os seus orificios nasais non están situados dorsalmente.

Como a lingua dunha serpe pode realizar a súa función olfactoria máis doadamente baixo a auga, a súa acción é curta comprada coa das especies de serpes terrestres, que a sacan e moven máis. Nas especies mariñas só saen da boca os extremos bifurcados da lingua por unha amosega dividida situada no medio da escama rostral. Os orificios nasais teñen valvas que consisten nun tecido esponxoso especializado que evita que entre a auga, e a traquea pode ser levantada ata a abertura do conduto nasal no ceo da boca. Esta é unha importante adaptación para un animal que debe ir á superficie para respirar, pero así pode manter a cabeza parcialmente mergullada ao facelo. O pulmón fíxose moi grande e esténdese por case toda a lonxitude do corpo, aínda que a porción traseira se cre que se desenvolveu para axudar á flotabilidade en vez de para o intercambio de gases. O seu estendido pulmón posiblemente serve tamén para almacenar aire para as inmersións.

A maioría das especies de serpes mariñas poden respirar tamén pola pel. Isto é algo raro nos réptiles, porque a súa pel é grosa e escamenta, pero experimentos feitos coa serpe mariña Hydrophis platurus (unha especie peláxica, tamén chamada Pelamis platurus), indican que esta especie pode satisfacer un 25% das súas necesidades de oxíxeno por vía cutánea, o cal lle permite facer inmersións máis prolongadas.Campbell JA, Lamar WW. 2004. The Venomous Reptiles of the Western Hemisphere. Comstock Publishing Associates, Ithaca and London. 870 pp. 1500 plates. .

miniatura|260px|Laticauda laticaudata miniatura|Serpe mariña do mar Caspio fotografada no norte de Irán Igual que outros animais terrestres que se adaptaron á vida no mar, as serpes mariñas inxiren considerablemente máis sal que os seus parentes terrestres a través da súa dieta e cando tragan inadvertidamente auga de mar. Isto significa que nelas tiveron que evolucionar mecanismos máis efectivos para regular a concentración de sal no sangue. Nas serpes mariñas as glándulas sublinguais posteriores, localizadas debaixo e arredor da vaíña da lingua, evolucionaron para permitirlles expulsar sal coa acción da súa lingua.

A disposición das escamas entre as serpes mariñas é moi variable. A diferenza das especies terrestres, que teñen escamas imbricadas para protexerse da abrasión, as escamas da maioría das serpes mariñas peláxicas non se solapan. As especies que viven en arrecifes, como Aipysurus, si teñen escamas imbricadas para protexerse do afiado coral. As escamas poden ser lisas, con quilla, espiñentas ou granulares; estas últimas a miúdo parecen con verrugas. Hydrophis platurus ten escamas corporais que son como "pinzas", mentres que as da súa cola son placas hexagonais xustapostas.

Capacidades sensoriais

A visión, quimiorrecepción (sacando a linga), e a audición son importantes sentidos para as serpes terrestres, mais estes estímulos quedan moi distorsionados na auga. A mala visibilidade, dilución química e limitación das vibracións que chegan polo chan baixo a auga suxire que as serpes mariñas poden ter habilidades sensoriais especiais que compensan a súa falta relativa doutras pistas sensoriais.

Sábese moi pouco sobre a visión das serpes mariñas. Un estudo dos fotorreceptores retinianos de Lapemis curtus e Acalyptophis peronii atopou tres clases de pigmentos visuais todos eles en conos. Malia a ausencia de bastóns nos ollos das serpes mariñas, Simeos et al. atoparon que os xenes de bastóns (rh1) aínda se expresaban nelas, o que indica que nas serpes ariñas algúns dos conos poden transmutarse en bastóns. Porén, as observación de comportamento indican que a visión ten un papel limitado na captura de presas e selección de parella, pero os sons (é dicir, as vibracións) e a quimiorrecepción poden ser importantes. Un estudo identificou pequenos órganos sensoriais na cabeza de Lapemis curtus similares aos mecanorreceptores dos aligátores e as serpes acuáticas Acrochodus que se utilizan para percibir o movemento das súas presas peixes. Westhoff et al. rexistraron respostas cerebrais auditivas á vibración baixo a auga en Lapemis curtus, as cales son suficientemente sensibles como para detectar o movemento da presa, pero non son tan sensibles como os sistemas de liña lateral dos peixes. De xeito similar, a visión parece ter unha importancia limitada para atopar parella. Shine experimentou aplicando secrecións da pel (feromonas) a obxectos parecidos a serpes para ver se o macho de Emydocephalus annulatus era atraído polas feromonas femininas e atopou que, aínda que a visión pode ser útil a curta distancia (<1 m), as feromonas son máis importantes unha vez que o macho está en contacto físico co obxecto.

A serpe maiña oliva, Aipysurus laevis, ten fotorreceptores na pel da súa cola, que lle permiten detectar a luz e presumiblemente asegurarse de que está completamente escondida, incluíndo a súa cola, dentro dos buratos que forma o coral, durante o día. Aínda que non se probou con outras especies, A. laevis posiblemente non é a única das serpes mariñas que se comporta así.

Propúxose que teñen outros sentidos únicos, como a recepción electromagnética e a detección da presión, mais aínda non se realizaron os estudos científicos para comprobar estes sentidos.

Distribución e hábitat

As serpes mariñas están fundamentalmente confinadas ás augas cálidas tropicais do océano Índico e o oeste do Pacífico, e só unhas poucas especies se atopan máis lonxe en Oceanía.U.S. Navy. 1991. Poisonous Snakes of the World. US Govt. New York: Dover Publications Inc. 203 pp. . A distribución xeográfica dunha especie, Hyhrophis platurus (tamén chamada Pelamis platurus), é a máis ampla de calquera réptil coa excepción das tartarugas mariñas. Esténdese desde a costa leste de África, desde Xibuti no norte ata Cidade do Cabo no sur,Spawls S, Branch B. 1995. The Dangerous Snakes of Africa. Ralph Curtis Books. Dubai: Oriental Press. 192 pp. . e a través dos océanos Índico e Pacífico, chegando polo sur ata as costas de Nova Zelandia, e cara ao oeste ata as costas occidentais das Américas, onde se estende desde o norte do Perú polo sur (incluíndo as illas Galápagos) ao Golfo de California polo norte. Atopáronse exemplares illados máis ao norte, en San Diego e Oxnard nos Estados Unidos.

Non hai serpes mariñas no océano Atlántico. Posiblemente hydrophis platurus chegaría tamén ao Atlántico se non fose polas correntes frías da costa de Namibia e oeste de Suráfrica que lle impiden pasar ao sueste do Atlántico, nin pasar ao sur de 5° de latitude ao longo da costa oeste de Suramérica, por onde pasan correntes de augas frías. As serpes mariñas non se encontran no mar Vermello, probablemente debido á súa alta salinidade, polo que non existe o perigo de que crucen o canal de Suez cara ao Mediterráneo. A falta de salinidade no canal de Panamá se cre que é a razón que non pasase ao Caribe.

A pesar das súas adaptacións á vida mariña, a maioría das serpes mariñas prefiren augas pouco profundas preto da costa, arredor de illas e especialmente augas algo abrigadas, así como preto de estuarios. Poden remontar ríos e rexistráronse augas arriba a 160 km do mar. Outras, como H. platurus, son peláxicas e encóntranse nas liñas de deriva do mar, e en manchas de residuos flotantes traídos polas correntes superficiais.The sea snakes are coming en NewScientist. Consultado o 13 de xaneiro de 2009. Algunhas serpes mariñas habitan mangleirais e hábitats salobres similares, e encontráronse dúas formas de auga doce en zona terrestre: Hydrophis semperi, que vive no lago Taal en Filipinas e Laticauda crockeri no lago Te Nggano na illa Rennell do arquipélago das Salomón.

Comportamento