Julia Cafritz, nada o 5 de maio de 1965, é unha músico e guitarrista estadounidense que foi membro das bandas Pussy Galore e Free Kitten. Cafritz está considerada como unha figura de culto da escena da música noise da cidade de Nova York City dos anos 90.

Biografía Cafritz naceu en Washington, D.C., sendo a filla de Jennifer (apelido de solteira Stats) e Conrad Cafritz, un promotor inmobiliario. Tiña unha irmá máis nova chamada Daisy von Furth, e dous irmáns, Eric e Matthew Cafritz. O seu avó era o filántropo de orixe lituana Morris Cafritz.

Cafritz ten un grao e un mestrado en artes pola Universidade de Nova York.

Pussy Galore No ano 1985 Julia Cafritz (guitarra) e o seu compañeiro de clase na Universidade Brown Jon Spencer (voz e guitarra), xunto co batería John Hammill, formaron a banda de punk noise Pussy Galore. No mes de maio de 1986 mudáronse á cidade de Nova York.

STP En 1989 Cafritz deixou Pussy Galore e formou a banda de mulleres de curta vida STP. O grupo publicou un sinxelo e xirou con Nirvana e Sonic Youth. Cafritz uniuse ao grupo de Ned Hayden, o compañeiro de traballo na CBGBs Record Canteen, chamado Action Swingers.

Free Kitten No ano 1992 formou Free Kitten, unha colaboración musical con Kim Gordon de Sonic Youth, a batería Yoshimi P-We de Boredoms, e o baixista de Pavement Mark Ibold. Xuntos publicaron discos e xiraron ata o ano 1997.

En 2008, Cafritz, Gordon e Yoshimi gravaron e publicaron o traballo Inherit a través do selo Ecstatic Peace Records despois de dez anos de hiato.

Notas

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Washington, D.C. Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de Washington, D.C.