Jacobo Vilariño Sobrado, nado na Pobra de San Xiao (Láncara) o 1 de xaneiro de 1999, é un futbolista galego que xoga coma mediocampista, coñecido comunmente como Jaco.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Club Deportivo Lugo, disputou a liga División de Honor Xuvenil. Xogou na selección galega sub-18 e disputou o campionato de España de seleccións. No ano 2018 fichou pola UD Somozas, completando un ano en terceira división, e despois fichou pola SD Sarriana, compartindo equipo con seu irmán Keko Vilariño.

Clubs Club Deportivo Lugo (2015-2018) UD Somozas (2018-2019) SD Sarriana (2019-2020)

Notas

Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Láncara Categoría:Xogadores da UD Somozas Categoría:Xogadores da SD Sarriana