Thomas Campbell Eyton, nado o 10 de setembro de 1809 en Eyton Hall, preto de Wellington, condado de Shropshire, Inglaterra, e finado o 25 de outubro de 1880, foi un naturalista británico especializado en aves, peixes e animais de gando. Foi compañeiro de estudos na Universidade de Cambridge, e amigo, de Charles Darwin, aínda que estaba en desacordo coas súas teorías.
Traxectoria Primeiros anos Thomas C. Eyton naceu en Eyton Hall, cerca de Wellington, Shropshire. Estudou no Saint John's College daa Universidade de Cambridge, onde foi contemporáneo e amigo de Charles Darwin.
En 1835 Eyton casou con Elizabeth Frances Slaney, filla máis vella e coherdeira do parlamentario Robert Aglionby Slaney. Tiveron sete fillos. Elizabeth faleceu dez anos antes que o propio Eyton.
En 1855, tras herdar a propiedade familiar de Eyton Hall, construíu alí un Museo de Historia Natural.
Carreira profesional Eyton publicou History of the Rarer British Birds (1836), A Monograph on the Anatidae, Or Duck Tribe (1838), A History of Oyster and Oyster Fisheries (1858) e Osteologia Avium (1871–78). Ao redor de 1842, fundou a colección "Herd Book of Hereford Cattle" (Libros do gando Hereford), que editaría até 1860.
Foi xuíz de paz e Deputy Lieutenant do condado de Shropshire.
En 1830 ingresou na asociación South Salopian Yeomanry Cavalry co grao de corneta, e foi ascendido a tenente en 1838.
Obra Algunhas publicacións Osteologia avium. Williams & Norgate, Londres 1873–1875. (2º Suplemento a Osteologia avium.) Notes on Scent. Hobson, Wellington 1870. Supplement to Osteologia avium. Wellington 1869. (1º Suplemento a Osteologia avium.) A synopsis on the Anatidæ or Duck tribe. Hobson, Wellington 1869. A history of the oyster and the oyster fisheries. van Voorst, Londres 1858. A catalogue of the skeletons of birds in his possession. Londres 1858. Osteologia avium. Hobson, Wellington 1858–1867. A catalogue of the species of birds in his possession. Hobson, Wellington 1856. Some account of a dredging expedition on the Coast of the Isle of Man during the months of May, June, July and August 1852. Londres 1852. The Herd book of Hereford Cattle. Londres 1846–1853. A lecture on artificial or condensed manures. Wellington 1843. A monograph on the Anatidæ or Duck tribe. Londres 1838. A history of the rarer British birds. Longmans, Rees, Orme, Brown, Green & Houlstons, Londres 1836.
Abreviatura A abreviatura Eyton emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bo Beolens & Michael Watkins (2003): Whose Bird? Common Bird Names and the People They Commemorate. New Haven, Connecticut / Londres: Yale University Press. ISBN 0-3001-0359-X.
Ligazóns externas Biografía de Thomas Campbell Eyton en Darwin Country .
Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Ictiólogos do Reino Unido Categoría:Ornitólogos do Reino Unido Categoría:Nados en 1809 Categoría:Nados en Shropshire Categoría:Finados en 1880 Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge