Almazán é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). En 2012 tiña 5861 habitantes (INE) e ocupa unha superficie de 166,53 km².

Historia En 1375, en Almazán asinouse un acordo de paz entre Castela e Aragón. Pedro IV o Cerimonioso, rei de Aragón, e Henrique II de Castela, rei de Castela.

Juan Furtado de Mendoza, en 1392 era Mordomo maior do Rei Henrique III. O Rei Henrique IV de Castela regálalle a Vila e faille señor da mesma.

A comarca estaba divida en dúas sexmos (división territorial que comprende certo número de pobos asociados para a administración de bens comúns). Había 40 pobos entre os dous sexmos; 24 en terra chaira e 16 na Serra.

A Vila estaba rexida polo Alcalde Maior; axudábanlle seis rexedores (tres da clase de Hidalgos e tres homes bos do pobo)

Almazán era un Marquesado do Conde de Altamira, sendo este un título entroncado na liñaxe dos Furtado de Mendoza.

Natural de Almazán foi Diego Laínez,(1512-1565), relixioso xesuíta español, compañeiro de san Ignacio de Loyola e sucesor seu como xeral da Compañía de Jesús, foi un dos teólogos máis influentes no Concilio de Trento. Naceu en Almazán, estudou filosofía na Universidade de Alcalá de Henares e teoloxía na de París, onde coñeceu a San Ignacio. Fixo os votos xunto con el na igrexa de Montmartre (Francia) en 1534 e foi ordenado, en 1537, en Roma. En 1545 foi enviado como teólogo pontificio ao Concilio de Trento, participando nas súas sesións ata a súa conclusión. A partir de 1556 sucedeu a San Ignacio como xeral da Compañía, á fronte da cal, en Roma, permaneceu ata o seu falecemento.

Demografía

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do concello

Almazan