Hairway to Steven é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de rock experimental Butthole Surfers, publicado o 11 de abril de 1988 a través do selo Touch and Go Records. Todas as súas cancións foron escritas pola banda, e coproducidas entre Butthole Surfers e Ric Wallace, que tamén se ocupou da mestura. O álbum foi gravado en xaneiro de 1988 no Sound Studio en Dallas. O disco foi reeditado polo selo Latino Buggerveil en 1999.
O título de Hairway to Steven é un xogo de palabras co da popular canción de Led Zeppelin "Stairway to Heaven". Algúns dos seus temas tamén fan mención a outros músicos famosos, como Julio Iglesias.
Listaxe de cancións Todos os temas escritos e coproducidos por Butthole Surfers.
Cara 1
Cara 2
Notas
Categoría:Álbums de Butthole Surfers Categoría:Álbums musicais de 1988 Categoría:Álbums de Touch and Go Records