Hinds é unha banda española de indie rock formada en Madrid no ano 2011. O grupo está composto por Carlotta Cosials (voces, guitarra), Ana Perrote (voces, guitarra), Ade Martin (baixo, coros) e Amber Grimbergen (batería). O nome orixinal da banda era Deers (cervos), pero cambiárono a finais de 2014 despois de que a banda The Dears as ameazase con tomar accións legais. O grupo elixiu "Hinds", unha palabra que significa "cervas", como o seu novo nome, poñendo en funcionamento oficialmente o cambio o 7 de xaneiro de 2015. Ata a data a banda leva publicados dous álbums de estudio, un recompilatorio e catro sinxelos. O seu primeiro álbum de estudio, Leave Me Alone, foi editado o 8 de xaneiro de 2016, e o segundo, I Don't Run, o 6 de abril de 2018.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloLeave Me Alone2016Lucky Number, Mom + Pop MusicI Don't Run2018Lucky Number, Mom + Pop Music
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais da Comunidade de Madrid Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de lo-fi Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais formados en 2011 Categoría:Bandas de mulleres