The Graces foi unha banda de pop rock estadounidense de finais dos anos 80 e principios dos 90 composta por Charlotte Caffey (ex-guitarrista de The Go-Go's), Meredith Brooks e Gia Ciambotti. Formada no ano 1987, publicou o seu álbum de estrea, Perfect View, a través do selo A&M Records en 1989. O seu primeiro sinxelo, Lay Down Your Arms, chegou ao número 56 da lista Billboard Hot 100, pero o álbum e os seguintes sinxelos fracasaron. En 1991 foron expulsadas do selo discográfico e Brooks deixou a banda para iniciar unha carreira en solitario. Brooks foi substituída por Chrissy Shefts e o grupo continuou dando concertos. Cando estaba a piques de conseguir outro contrato discográfico a Ciambotti ofrecéronlle para xirar como corista coa banda de Bruce Springsteen, polo que o grupo acabou por separarse en 1992 sen gravar un segundo álbum.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloPerfect View1989A&M Records
Notas
Categoría:Grupos musicais dos Estados Unidos de América Categoría:Grupos musicais de pop rock Categoría:Grupos musicais formados en 1987 Categoría:Bandas de mulleres