Margherita Dolcevita é unha novela de 2005 en lingua italiana de Stefano Benni publicada orixinalmente pola editorial Feltrinelli.
Foi traducida ó galego por Moisés Barcia Rodríguez e foi publicada pola editorial Rinoceronte Editora no ano 2019.
Sinopse Conta a historia de Margherita, unha rapaza de quince anos con moita imaxinación e un lixeiro sobrepeso, que vive coa súa familia nas aforas da cidade, nun lugar poboado por xitanos, inmigrantes ilegais e outros personaxes que enriquecerán as súas vivencias.
Notas
Categoría:Obras literarias de 2005 Categoría:Novelas en italiano Categoría:Obras traducidas do italiano ao galego Categoría:Rinoceronte Editora