miniatura|Estrutura da lingua dun camaleón (o extremo da lingua ten forma de copa). O termo protráctil, referido á lingua dalgúns animais, significa que esta pode proxectarse moito cara a fóra da boca, como nalgúns réptiles, especialmente nos camaleóns.protráctil en educalingo .
Ademais, algúns peixes teñen boca ou mandíbula protráctil, que poden proxectar cara a adiante. Algúns outros vertebrados e invertebrados teñen apéndices protráctiles (tentáculos, ovopositores, etc.).
Etimoloxía O termo protráctil é unha adaptación do latín científico protractilis, derivado do latín clásico protrahĕre, "sacar", "facer saír".protráctil no DRAE.
Nos camaleóns miniatura|A lingua dun camaleón capturando a súa presa. Todos os camaleóns son principalmente insectívoros e aliméntanse proxectando balisticamente as súas longas linguas da boca para capturaren presas situadas a certa distancia.
Aínda que tradicionalmente se pensaba que as linguas dos camaleóns adoitan ter entre unha e media a dúas veces a lonxitude dos seus corpos (excluíndo a cola), recentemente se descubriu que os camaleóns máis pequenos (as especies máis pequenas e os individuos máis pequenos da mesma especie) teñen aparatos de lingua proporcionalmente máis grandes que os máis grandes. Polo tanto, os camaleóns máis pequenos poden proxectar a lingua a maiores distancias que os camaleóns máis grandes, que son o tema da maioría dos estudos e as estimacións de lonxitude da lingua, e poden proxectar a lingua a distancias de máis do duplo da súa lonxitude corporal.Anderson, Christopher V. (2009) Rhampholeon spinosus, vídeo alimentándose. chamaeleonidae.com
Aparato lingual dos camaleóns e o seu funcionamento O aparato da lingua dos camaleóns consiste nun óso hioide altamente modificado, os músculos da lingua e elementos coláxenos. O óso hioide ten unha proxección alongada de lados paralelos, chamada "proceso entogloso", sobre o cal se asenta un músculo tubular, o denominado "músculo acelerador". O músculo acelerador contráese ao redor do proceso entogloso e é o responsábel de crear o traballo necesario para impulsar a proxección da lingua, tanto directamente como a través dos elementos coláxenos situados entre o proceso entogloso e o músculo acelerador.
O músculo retractor da lingua, o hipogloso, conecta os músculos hioide e acelerador, e é o que premite retraer a lingua cara á boca despois da proxección da lingua.
A proxección da lingua prodúcese cun rendemento extremadamente alto, chegando á presa en tan só 0,07 segundos, por iso só pode visualizarse utilizando cámaras ultrarrápidas lanzándoe a aceleracións superiores a 41 g.A forza g é unha medida de aceleración basaeda na aceleración que produciría a gravidade da Terra nun obxecto calquera. Unha aceleración de 1 g considérae xeramente como igual á gravidade estándar, que é de 9,80665 metros por cada segundo ao cadrado (m/s2). A potencia coa que se lanza a lingua, que se sabe que é de máis dos 3000 W kg−1, excede o que o músculo é capaz de producir, o que indica a presenza dunha potencia elástica amplificadora para potenciar a proxección da lingua. O retroceso dos elementos elásticos no aparato da lingua é, polo tanto, o responsábel de grandes porcentaxes do rendemento xeral da proxección da lingua.
Unha consecuencia da incorporación dun mecanismo de retroceso elástico ao mecanismo de proxección da lingua é a insensibilidade térmica relativa da proxección da lingua en relación coa retracción da mesma, que é impulsada só pola contracción muscular e é moi sensíbel termicamente. Mentres que outros animais ectotérmicos vólvense lentos a medida que diminúe a temperatura corporal, debido a unha redución da velocidade contráctil dos seus músculos, os camaleóns poden proxectar as súas linguas cun alto rendemento incluso a baixas temperaturas corporais. Porén, a sensibilidade térmica da retracción da lingua nos camaleóns non é un problema, xa que teñen un mecanismo moi efectivo para suxeitar á súa presa unha vez que a lingua entrou en contacto con ela, incluídos os fenómenos superficais, como a adhesión húmida e o encravamento e a succión. A insensibilidade térmica da proxección da lingua permite aos camaleóns alimentarse efectivamente nas mañás frías antes de poder elevar condutualmente a súa temperatura corporal a través da termorregulación, cando outras especies de lagartos simpátricos aínda están inactivos, probabelmente expandindo temporalmente a súa temperatura no seu nicho ecolóxico.
Notas
Categoría:Fisioloxía animal Categoría:Termos zoolóxicos