Dial Wika (acrónimo de Diamant Allemagne - Wissenschafts-Kapsel) foi un satélite artificial de Francia e Alemaña lanzado a bordo dun foguete Diamant B o 10 de marzo de 1970.

Características O satélite foi lanzado para estudar as variacións espazotemporais da densidade local de electróns e a intensidade da radiación Lyman-alfa da xeocoroa. O satélite estaba formado por unha base octogonal de 68 cm de distancia entre lados e 43 cm de altura, cun cilindro enriba de 57,8 cm de altura e 31,5 cm de diámetro.

A alimentación eléctrica era proporcionada por dous paneis solares que alimentaban unhas baterías. O satélite non tiña capacidade de recibir comandos e unha vez en órbita a secuencia de observacións científicas e transmisións a terra estaba controlada preprogramadamente polo sensor solar. Os datos científicos transmitíanse en tempo real ao non dispoñer de grabadora de a bordo.

O satélite levaba a bordo os seguintes instrumentos:

Un fotómetro alfa para a xeocoroa. Unha sonda de impedancia. Un detector de partículas de alta enerxía. Un magnetómetro.

Dial Wika foi deseñado para funcionar durante 26 días, pero o 20 de maio de 1970 deixou de transmitir debido ao fallo das baterías.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Diamant B Dial MIKA

Categoría:Satélites artificiais