thumb|256px|Maquete de Diadème no museo de Bourget. Diadème foi o nome de dous satélites xeodésicos franceses.

Características Os dous Diadème foron lanzados mediante foguetes Diamant A desde o complexo de lanzamento de Hammaguira.

Diadème 1 foi lanzado o 8 de febreiro de 1967, pero o foguete lanzador deixouno nunha órbita máis baixa do previsto. Diadème 2 foi lanzado sete días despois, o 15 de febreiro, chegando á súa órbita prevista sen problemas.

Os dous satélites estaban adicados a facer estudos xeodésicos, contando para iso con trasmisores Doppler e con retrorreflectores para poder medir a súa distancia desde terra con precisión.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Diamant A

Categoría:Satélites artificiais