miniatura|138x138px| Escudo do condado de Blois. Teobaldo III de Blois, nado en 1012 e finado en 1089, foi conde de Blois, Meaux e Troyes. Era fillo de Eudes II de Blois e Ermengarda de Auvernia.

Traxectoria Teobaldo herdou, entre outros, os condados de Blois, Tours, Chartres, Châteaudun e Sancerre, e na Champaña Château-Thierry, Provins e Saint Florentin. O seu irmán Estevo herdou os condados de Meaux, Troyes e Vitry-le-François.

Ao asumir a dignidade condal continuou a guerra que seu pai, Odón II de Blois, iniciara contra dos condes de Anjou, aliados de Henrique I. En 1037 perdeu Beauvais e a partir de 1039 Folco de Anjou avanzou dende o sur e capturou Chinon, Montbazon e Saint-Aignan. No ano 1043 Godofredo II of Anjou, sucesor de Folco, sitiou Tours e Teobaldo acudiu en agosto de 1044 en axuda dos sitiados, pero caeu derrotado na batalla de Nouy e tivo que entregar o condado de Tours para recuperar a súa liberdade. A partir de entón, a sede principal da Casa de Blois pasou á Champaña. Teobaldo logrou gañar de novo a confianza real e recuperar a súa influencia. Foi nomeado conde palatino, título que xa conseguira o seu pai, e usou a influencia recuperada para facerse co control da terra que o seu irmán herdara na Champaña e agora eran gobernadas polo seu sobriño Eudes de Champaña. Eudes uniuse máis tarde ao exército de Guillerme I de Inglaterra, participando en Hastings e na posterior ocupación normanda de Inglaterra, converténdose en conde de Aumale e Holderness e casando cunha irmá de Guillerme.

A posición de Teobaldo era considerabelmente poderosa e foi fortalecida anda mis co seu casamento coa filla de Raúl de Valois. A partir de 1074 deixou ao seu fillo Estevo II o control de Blois, Châteaudun e Chartres.

Descendencia Coa súa primeira muller, Xersenda do Maine, filla de Herberto I de Maine, conde de Maine, tivo un fillo: Estevo II de Blois.

Do seu matrimonio con Alix de Crepy, filla de Raúl II de Valois e Adelaida de Bar, naceron tres fillos: Filipe, bispo de Châlons-sur-Marne, Eudes, que herdou posesións na Champaña, en Troyes, e Hugo I de Champaña, primeiro conde da Champaña. Véxase tamén Bibliografía

Notas

Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en 1019 Categoría:Finados en 1089 Categoría:Condes de Blois Categoría:Condes de Meaux Categoría:Condes de Troyes Categoría:Condes de Chartres