Claudia Nayibe López Hernández, nada en Bogotá o 9 de marzo de 1970, é unha política colombiana, politicóloga de profesión e actual alcaldesa electa de Bogotá, sendo a primeira muller electa como alcaldesa na historia da cidade. Foi senadora da República pola partido Alianza Verde e candidata á vicepresidencia na candidatura de Sergio Fajardo apoiada pola Coalición Colombia.

Traxectoria É a filla máis vella de Reyes Elías López Ruizes e María del Carmen Hernández, que tiveron outros seis fillos. Graduouse en Finanzas, Goberno e Relacións Internacionais pola Universidade Externado de Colombia. Ten unha mestría en Administración Pública e Política Urbana na Universidade de Columbia, de Nova York, e un doutoramento en Ciencia Política da Northwestern University.

A súa aparición na vida pública está ligada ao movemento estudantil da Sétima papeleta, que entre 1989 e 1990 foi o cal deu impulso á Asemblea Nacional Constituínte de 1991.

Foi consultora das Nacións Unidas, colaborou con varios medios de comunicación do país como o programa Hora 20 de Caracol Radio, o portal La Silla Vacía, o xornal El Tiempo e a revista Semana.

Como investigadora para a Corporación Arcoiris e a Misión de Observación Electoral salientou polos seus traballos sobre as votacións atípicas. Estes foron o seu punto de partida para destapar o escándalo da parapolítica. As súas investigacións aclararon condenas sobre máis de 40 representantes públicos por nexos con parapolítica, con críticas ó goberno do expresidente e agora senador investigado Álvaro Uribe e os seus aliados políticos. Causou polémica o seu despedimento público de El Tiempo en outubro de 2009 debido a unha columna na que fixo unha análise crítico dese medio. esquerda|miniatura| Antanas Mockus e López en 2018 anunciado que votarían por Gustavo Petro para a segunda volta Presidencial. Foi secretaria de Acción comunal de Bogotá e alcaldesa encargada de Santa Fe durante a primeira alcaldía de Enrique Peñalosa.

En 2014, chegou ó Senado con 81.125 votos como candidata da partido Alianza Verde.

O 27 de decembro de 2016, anunciou a súa candidatura nas eleccións presidenciais de 2018, sendo así a primeira precandidata do Partido Alianza Verde.

O mesmo ano, facendo parte da Coalición Colombia, integrada polo Polo Democrático, Compromiso Cidadán e Partido Alianza Verde resultou fórmula Vicepresidencial de Sergio Fajardo logrando o terceiro lugar na primeira volta. Na segunda volta apoiou a Gustavo Petro.

En 2018, para frear a corrupción política, promoveu unha consulta nacional que estivo preto de ser aprobada.

Alcaldesa de Bogotá O 27 de outubro de 2019 gañou as eleccións locais de Bogotá con 1.108.541 votos, converténdose en alcaldesa da cidade. Desta maneira, converteuse na primeira alcaldesa electa muller da cidade e a primeira alcaldesa abertamente LGBT dunha capital de América.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en Bogotá Categoría:Nados en 1970 Categoría:Alumnos da Universidade Columbia Categoría:Alcaldes de Bogotá