Lev Stepanovich Diomin, nado en Moscova o 11 de xaneiro de 1926 e finado o 18 de decembro de 1998, foi un cosmonauta soviético que formou parte da misión Soiuz 15. Pasou un total de 2,01 días no espazo.
Traxectoria Diomin graduadose na Academia de Enxeñería da Forza Aérea de Monino, no oblast de Moscova, en 1956. Tiña un doutoramento en enxeñería obtido en 1963. Chegou a coronel da Forza Aérea Soviética. Adestrou como cosmonauta entre xaneiro de 1963 e xaneiro de 1965. Participou na misión Soiuz 15, pasando un total de 2,01 días no espazo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz 15
Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1926 Categoría:Nados en Moscova Categoría:Finados en 1998