A lúa e seis peniques (en ) é unha novela escrita polo autor inglés William Somerset Maugham que foi publicada orixinalmente o 15 de abril de 1919. É unha novela en formato episódico con narrador en primeira persoa, ó longo dunha serie de visións na mente e na alma do personaxe central Charles Strickland, un corredor de bolsa inglés de mediana idade, quen abandona de súpeto a súa muller e fillos para perseguir o seu desexo de se converter en artista. A historia está parcialmente baseada na vida do pintor Paul Gauguin.Author's preface to The Selected Novels of W. Somerset Maugham, (Volume 2), William Heinemann, 1953 (ebook at archive.org).

Foi traducida ó galego por Alfonso Blanco Quintela e foi publicada pola Editorial Hugin e Munin no ano 2019.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Moeda de 6 peniques británicos

Ligazóns externas The Moon and Sixpence no Proxecto Gutenberg

Categoría:Obras literarias de 1919 Categoría:Novelas en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego Categoría:Novela histórica