Theobaldo II de Blois, nado en 979 ou 981 e finado o 11 de xullo de 1004, foi conde de Blois, de Chartres, de Châteaudun, de Tours, de Provins e de Reims.
Traxectoria Orixes Era fillo do conde de Blois, Chartres, Tours, Châteaudun, Provins, Reims, Meaux e Troyes, Eudes I de Blois e Berta de Borgoña, filla do rei de Arlés ou Borgoña Conrado III de Borgoña o Pacífico.
Biografía miniatura|138x138px| Brasón orixinal dos condes de Blois En 996, tras a morte do seu pai, sucedeuno nos títulos e goberno dos territorios dos condados, agás nos condados de Meaux e Troyes que volveron á casa de Vermandois.
No mesmo ano a súa nai Berta, que estivera tolamente namorada do rei de Francia Roberto IIEn decembro de 987, seu pai Hugo Capeto asociárao ao trono e coroárao, polo cal, á súa morte, a sucesión de Roberto II de Francia podería ter contestación., que quería casar con ela, non obtivo o permiso nin do papa Gregorio V nin do rei Hugo Capeto, o pai de Roberto, xa que eran curmáns de terceiro grao.
Tamén en 996, á morte de Hugo Capeto, Roberto converteuse en rei de Francia e uns meses despois casou coa súa segunda muller, a súa curmá Berta, conseguindo así a sucesión do ducado de Borgoña, a pesar da oposición do Papa. Isto provocou que, en 997, o Papa lle impuxese sete anos de penitencia e o ameazase coa excomuñón (que impuxo) aos dous cónxuxes. Tamén puño en interdito ao rei de Francia, se non se separaban.
Teobaldo II, en 1004, faleceu con pouco máis de 20 anos sen deixar herdeiros, xa que, ao parecer, abrazara a vida eclesiástica, e foi sucedido polo seu irmán máis novo Eudes II de Blois.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Louis Halphen, "La Francia dell'XI secolo", cap. XXIV, vol. II, 1999 Ligazóns externas
Xenealoxía da casa de Blois-Champagne Xenealoxía da casa de Blois
Categoría:Finados en 1004 Categoría:Condes de Blois Categoría:Condes de Chartres Categoría:Condes de Châteaudun Categoría:Condes de Tours Categoría:Condes de Provins Categoría:Condes de Reims