Achinoam Nini (en hebreo אחינועם ניני; Aẖinóʻam Nini), nada en Tel Aviv o 23 de xuño de 1969, é unha cantante israelí, coñecida como Noa fóra de Israel. Actúa acompañada polo guitarrista Gil Dor e adoita tocar as congas mentres canta. Noa representou a Israel no Festival de Eurovisión 2009 xunto coa cantante Mira Awad, coa canción "There Must Be Another Way".

É unha recoñecida activista propalestina en Israel e gravou cancións en árabe, inglés, francés, hebreo, italiano, castelán e hebreo iemení.

Traxectoria Primeiros anos Achinoam Nini naceu en Bat Yam, Israel, nunha familia xudía iemení, e mudouse a Nova York con dous anos. Asistiu á SAR Academy e á Rabbi Joseph H. Lookstein Upper School do Ramaz High School, permanecendo en Nova York ata que regresou ela soa a Israel con dezaseis anos.optimistic about peace Jewish Independent, 8 de xullo de 2011.

Completou o servizo militar obrigatorio nas Forzas de Defensa de Israel, actuando cun grupo de entretemento militar. Tralo servizo, estudou música na Escola Rimon de Jazz e Música Contemporánea en Ramat Hasharon, onde coñeceu a quen foi a súa parella e colaborador habitual Gil Dor, nese momento membro do claustro da escola.Nini, Achinoam, Jewish Virtual Library

Carreira musical Noa actuou no Carnegie Hall e no Avery Fisher Hall de Nova York, no Olympia de París, o Coliseo de Roma, The Barbican de Londres, o Zellerbach Auditorium en Berkeley (California), o Festival Ravinia de Chicago, o Festival de Jazz de Montreux en Suíza, o Festival de Jazz do Mar do Norte nos Países Baixos e o Festival da Auga de Estocolmo en Suecia. miniatura|Noa e Gil Dor no festival Bardentreffen de 2014 Noa e Gil Dor tiveron varios grupos dende os seus primeiros anos como dúo acústico, pero a súa relación máis longo foi co percusionista Zohar Fresco. Os grupos de Noa e Dor varían en cada álbum, tendo colaboracións dende bandas como o Solis String Quartet ata xiras con orquestras sinfónicas. A música de Noa está influída por cantautores da década de 1960 como Paul Simon, Joni Mitchell, Leonard Cohen e James Taylor. Estas sensibilidades musicais e de letras, combinadas coas raíces iemenís de Noa e a experiencia en jazz, música clásica, country e rock, crearon na música de Noa un son único recoñecible a través das centos de cancións escritas e interpretadas polo dúo. Noa toca instrumentos de percusións, a guitarra e o piano. miniatura|Noa actuando na inauguración do Instituo Peres para a Paz En 1994, Noa interpretou a versión inglesa do Ave Maria para un público en directo de 100000 e unha audiencia televisiva de millóns de espectadores no espectáculo de clausura do Ano Internacional de Familia no Vaticano, co papa Xoán Paulo II no público.

Noa e Dor actuaron en numerosas ocasións coa Orquestra Filharmónica de Israel, coa que gravaron un álbum en directo no Mann Auditorium de Tel Aviv en 1997. Ao longo dos anos colaboraron con orquestras sinfónicas de Lille, Messina, Parma, Murcia e Florencia. En setembro de 2003, Noa interpretou a canción L'isola della Luce (pola illa grega na que a cantou), escrita especialmente para ela por Nicola Piovani. A obra foi encargada polo Comité Olímpico Cultural de Atenas. En maio de 2004, o dúo actuou co grupo israelí de ritmo e danza Mayumana entre os dous xogos final da Euroliga de baloncesto.

Xunto coa cantante árabe-israelí Mira Awad, Noa representou a Israel no Festival de Eurovisión 2009. A súa canción "There Must Be Another Way" cualificouse na primeira semifinal, mais finalmente acabou na 16.ª posición place.

Embaixadora da FAO En outubro de 2003, Noa foi nomeada Embaixadora de Boa Vontade da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura.Still searching for another way

Política A pesar de que Noa foi criticada en Israel polas súas opinións políticas de extrema esquerda e o seu activismo a favor de Palestina,Singer Achinoam Nini says she was threatened at airport, called 'Israel-hater' By Yaniv Kubovich and Dafna Arad, Haaretz, 22 de marzo de 2015. actuou nas celebracións do Día da Independencia de Israel en Londres e Vancouver. Tamén é unha destacada opoñente do movemento Boicot, Desinvestimentos e Sancións, afirmando que ela mesma foi "vítima da súa actividade hipócrita e daniña".Jane Eisner, Why Accuse Israeli Singer Noa of Backing BDS, When She Rejects It Outright?, Jewish Daily Forward, 22 de febreiro de 2016

Vida privada Noa está casada co pediatra Asher Barak. Teñen tres fillos.Still searching for another way

Discografía Álbums de estudio Achinoam Nini and Gil Dor (1993) Noa (1994) Calling (1996) Achinoam Nini (1997) Blue Touches Blue (2000) Now (2002) Genes & Jeans (2008) Noapolis - Noa Sings Napoli (2011) The Israeli Songbook (2011) Love Medicine (2015) Letters to Bach (2019)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Israeli Eurovision Official site Israel Broadcast Authority Eurovision news Video-Interview at Caprices Festival FAO Goodwill Ambassador website

Categoría:Nados en Tel Aviv Categoría:Nados en 1969 Categoría:Cantantes de Israel Categoría:Activistas de Israel Categoría:Percusionistas