Neon Genesis Evangelion é unha serie anime producida por Gainax e Tatsunoko Production e dirixida por Hideaki Anno. Empezou retransmitirse no Xapón na canle TV Tokyo o 4 de outubro de 1995 e rematou o 27 de marzo de 1996. Evangelion é un anime apocalíptico do xénero mecha. Céntrase nun mozo recrutado pola organización paramilitar NERV para controlar o xigante biomecánico chamado Evangelion e loitar contra os seres monstruosos coñecidos como Anxos. A acción transcorre na cidade futurista de Tokyo-3 anos despois dun cataclismo mundial. Céntrase nas vidas dos pilotos dos Evangelion e dos membros de NERV no seu intento de previr outra catástrofe.

A serie estreouse en galego no ano 2005 a través da TVG, dentro do espazo infantil e xuvenil Xabarín Club. A distribución en formato de vídeo caseiro en galego realizouse na edición Neon Genesis Evangelion Platinum, que contaba coa serie completa de 26 episodios en 6 DVDs, e tiña 750 minutos de duración.

Episodios N.º(serie) Título en galegoTítulo orixinal Director(es) Guionista(s) Data da estrea

Notas

Categoría:Neon Genesis Evangelion Neon Genesis Evangelion