A sublimación, en psicanálise é un termo descrito por Sigmund Freud como un dos destinos posibles da pulsión. Trátase dun proceso psíquico mediante o cal áreas da actividade humana que aparentemente no gardan relación coa sexualidade convértense en depositarias de enerxía libidinal (pulsional). O proceso consiste nun desvío cara a un novo fin. Entre os exemplos de Freud como novos destinos da pulsión sexual está o artístico e o intelectual: Sublimar consistiría en mudar o fin pulsional cara a unha actividade desexualizada, intentando a súa realización, por exemplo mediante tarefas creativas ou de prestixio social: arte, relixión, ciencia, política, tecnoloxía.Wade, Carol and Carol Travis, Psychology, Sixth Edition (Prentice Hall, 2000) 478.

Neste anaco de 'A moral sexual "cultural" e a nerviosidade moderna' de Freud dáse unha definición de sublimación:

Notas

Categoría:Psicoloxía