thumb|Condados de Francia sobre 1030. thumb|Condados de Francia sobre 1180. O condado de Tours era unha xurisdición feudal de Francia centrada na cidade de Tours. Xa existía no tempo dos carolinxios.

Condes carolinxios

- 828 - Hugo de Tours e Alta Alsacia (Sundgau) chamado Hugo o Nugallán (765 - † 837), da familia dos Eticónidas, destituído en 828: Liutfrid (Familia de Hugo, conde de Tours). Era o pai de Berta, a muller de Xerardo do Rosellón. Viviano, conde cara a mediados do século IX. 860 - 866: Roberto o forte († 866), marqués de Neustria: Roberto o Forte. 866 - 886: Hugo o Abade († 886), cuñado de Roberto o Forte e neto de Hugo o Nugallán Hugo o Abade. 886 - 888: Odón († 898), rei de Francia no 898, fillo máis vello de Roberto o Forte 902: Roberto, quizais o irmán do precedente: Roberto conde de Tours.

Vizcondes de Tours Durante o goberno de Hugo o Abade que administraba varios condados, designáronse en Tours vizcondes no senso inicial do termo, dicir, o representante do conde que desempeñaba as funcións do conde en ausencia do titular:

Hardrad (morto despois do 898). sobre 878- 888: Ingelgario, posto como representante real en Tours por Lois II o Tatexo, Ingelgario, conde de Angers. ? 909: Folque I († ap.941), conde de Anjou, vizconde de Tours. ??? - 943: Teobaldo o Vello († 943), vizconde de Blois Teobaldo o Tramposo . 943 - 975: Teobaldo I o Tramposo († 975), conde de Blois e de Chartres, fillo. Casou con Liutgarda de Vermandois. Aproveitando as loitas no reino, tomou o título de Conde de Tours cando só era vizconde.

Condes de Tours

975 - 995: Eudes I († 995), conde de Blois, de Chartres, de Tours, de Châteaudun, de Provins e de Reims (982-995), fillo. Casou con Berta de Borgoña. 995 - 1004: Teobaldo II († 1004), conde de Blois, de Chartres, de Tours, de Chateaudun, de Provins e de Reims, fillo. 1004 - 1037: Eudes II († 1037), conde de Blois, de Chartres, de Tours, de Chateaudun, de Provins, de Reims, despois de Meaux e de Troyes (como Eudes I), irmán Eudes II de Blois . Casou en primeiras nupcias en 1103 con Matilda de Normandía († 1006) e en segundas nupcias con Ermengarda de Auvernia. 1037 - 1041: Teobaldo III (1019 - 1089), Conde de Blois, de Chartres, de Tours, de Chateaudun, de Provins, de Meaux e de Troyes (os dous últimos como Teobaldo I), fillo de Eudes II e Ermengarda de Auvernia Teobaldo III de Blois . Casou en primeiras nupcias con Garsenda do Maine e en segundas nupcias con Adelaida de Valois.

Nos séculos X e XI disputouse o condado de Tours entre os teobaldianos e os ingelgerianos descendentes de Folque I o Roxo, conde de Anjou. En 1041 o conde de Anjou Godofredo II Martel impúxose finalmente na batalla de Nouy e dominou o condado de Tours.

Ingelgerianos Os condes de Anjou posuían o título sen levar o título:

1041 - 1060: Godofredo II Martel († 1060). 1060 - 1068: Godofredo III o Barbudo († despois de 1096). 1068 - 1109: Folque IV o Tiburón (1043 - 1109). 1109 - 1129: Folque V o Xove, que foi rei de Xerusalén (1095 - 1143). 1129 - 1151: Godofredo V o Belo ou Plantagenet (1113 - 1151). 1151 - 1189: Henrique II, rei de Inglaterra (1133 † 1189). 1189 - 1199: Ricardo I Corazón de León (1157 † 1199). 1199 - 1204: Xoán sen Terra (1167 † 1219).

En 1204 o condado foi conquistado polo rei Filipe Augusto de Francia e unido ao dominio real.

Condes e duques de Turena en asignacion A Turena, similar ao antigo condado, entregouse en asignacin aos cadetes da familia real de Francia.

1346 - 1375: Filipe de Francia (1336 † 1375), duque de Orleáns e duque de Turena, fillo do rei Filipe VI de Francia e de Xoana de Borgoña.

miniatura|Armas de Filipe l'Agosserat, que se converteron nas de Turena

1360 - 1363: Filipe o Intrépido Filipe o Intrépido (1342 † 1404), duque de Turena, despois duque de Borgoña, fillo do rei Xoán II de Francia e Bona de Luxemburgo. Renunciou a Turena en 1363 a cambio do Ducado de Borgoña. 1363 - 1364: Carlos de Francia Carlos V (1337 † 1380), delfín, duque de Turena, rei de Francia co nome de Carlos V en 1364, o fillo máis vello do rei Xoán II de Francia e Bona de Luxemburgo . 1370 - 1384: Lois I de Anjou Lois de Anjou, duque de Anjou, rei de Nápoles, duque de Turena, fillo de Xoán II de Francia e Bona de Luxemburgo. 1387 - 1407: Lois I de Orleáns Lois de Orleáns (1372 † 1407), duque de Orleáns e Turena, fillo de Carlos V, rei de Francia e Xoana de Borbón. 1407 - 1417: Xoán de Francia Carlos VI (1398 † 1417), duque de Turena e delfín, fillo do rei Carlos VI de Francia e Isabel de Baviera. 1417 - 1422: Carlos Carlos VII (1403 † 1461), duque de Turena e delfín, irmán do anterior, despois rei como Carlos VII de Francia.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Condados de Francia