Conrad Ferdinand Meyer, nado en Zürich o 11 de outubro de 1825 e finado en Kilchberg o 28 de novembro de 1898, foi un escritor suízo en lingua alemá e puntualmente en lingua francesa.

Traxectoria Descendente dunha familia patricia, o seu pai (falecido a unha idade temperá, en 1840) era deputado e historiador, mentres que a nai era unha muller culta e refinada. Ao finalizar os estudos no gymnasium, comezou Leis, pero interrompeu a carreira por causa dunha depresión. Dedicouse máis tarde á Historia e traballou como tradutor.

Viaxou por Alemaña, Francia e Italia. Así mesmo, interesouse pola arte clásica e do Renacemento. En 1863 publicou o seu primeiro volume de poesía, Zwanzig Balladen von einem Schweizer. Destacou sobre todo como escritor de novela histórica.

Obra Novela 1876 Jürg Jenatsch 1891 Angela Borgia

Novela curta 1873 Das Amulett 1878 Der Schuss von der Kanzel 1879 Der Heilige 1881 Plautus im Nonnenkloster 1882 Gustav Adolfs Page 1883 Das Leiden eines Knaben 1884 Die Hochzeit des Mönchs 1885 Die Richterin 1887 Die Versuchung des Pescara

Poesía 1863 Zwanzig Balladen von einem Schweizer 1872 Huttens letzte Tage 1882 Gedichte

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina web oficial, consagrada á figura e á obra do autor

Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores de Suíza Categoría:Nados en 1825 Categoría:Finados en 1898 Categoría:Nados en Zürich