Manuel Enrique Villar Cimadevila, nado en Vila de Cruces en 1896 e finado en Gondomar o 6 de outubro de 1936, foi un político e xornalista galego.
Traxectoria Instalouse en Vigo traballando como empregado no comercio La Innovación da Porta do Sol. Foi candidato ás municipais de 1931 pola ORGA e dirixente provincial do Partido Republicano Gallego e despois de Izquierda Republicana. Foi detido en xaneiro de 1935 acusado de pertencer ao Socorro Rojo Internacional.Socorro Rojo Internacional en Vigo. Foi promotor e logo director do semanario Clarín de Pontevedra. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado ao Frontón de María Berdiales. Foi paseado na Volta da Matanza, en Vichicáns (Vincios) o 6 de outubro, con Fernando Costas Iglesias e Emilio Comesaña Sobreira. Foron soterrados no cemiterio de Mañufe.A volta da Matanza
Vida persoal
Casou en Vigo con Enriqueta Villar Montes.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Vítimas da represión franquista en Vila de Cruces
Categoría:Xornalistas de Vila de Cruces Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vila de Cruces Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos