Cándido Tafalla Froiz, nado en Besexos (Vila de Cruces) en 1898 e finado en Pontevedra o 5 de xuño de 1937, foi un industrial e político galego.

Traxectoria Administrador do Hotel Estrella da Estrada. En 1931 foi elixido vogal da directiva do Centro Republicano estradense.El Emigrado, 28-2-1931, p. 4. Despois militou en Unión Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o 20 de xullo desprazouse a Pontevedra xunto co tenente de alcalde Ramón Fernández Rico. Despois foi detido. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión con Jesús Puente Fontanes, Ramón Fernández Rico, José Rodríguez Sangiao, José María Pena López e Manuel Nogueira González, foi condenado a pena de morte. Foi executado en Pontevedra na subida a Monte Porreiro, no km 1 da Avda. de Buenos Aires.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Cándido Tafalla Froiz Ligazóns externas Mortos Vítimas da represión franquista en Vila de Cruces

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vila de Cruces Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Fusilados Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos