A cizaña (en ) é o décimo quinto volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi publicado orixinalmente de forma serializada na revista Pilote, nos números 531-552, en 1970.

Foi traducido ó galego por Marisa Guerra e publicado pola Editorial Galaxia en 1992.

Sinopse O Senado romano rexeita conceder novos fondos a Xulio César para novas conquistas. Por mor disto, decide acabar dunha boa vez coa pequena aldea gala que se lle resiste. Despois dunha reunión cos seus conselleiros, decide enviar á aldea a Tullius Detritus, un romano que ten un don innato para provocar disputas.

O primeiro que fai Detritus ó chegar á Galia é ofrecer a Astérix unha xerra, afirmando que lla dá "ó home máis importante da aldea". Deste xeito, comeza unha "guerra psicolóxica" destinada a facer que xurdan desavinzas entre todos.

Notas

Categoría:Álbums de Astérix Categoría:Obras literarias de 1970 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego