Enderezo descoñecido (título orixinal en ) é o primeiro libro da escritora estadounidense Kathrine Kressmann Taylor, escrito baixo o nome de pluma Kressmann Taylor, publicado por primeira vez na súa versión completa en Story Magazine en 1938 nos Estados Unidos, un ano antes do estalido da segunda guerra mundial .

Toma a forma dunha correspondencia epistolar ficticia do 12 de novembro de 1932 ó 3 de marzo de 1934 entre dous moi bos amigos, Martin Schulse, de 40 anos, alemán e pai de tres mozos, e Max Eisenstein, de 40 anos, solteiro de orixe xudía. Ámbolos dous son socios dun próspero negocio de pintura en San Francisco, a Galería Schulse-Eisenstein.

Foi traducida ó galego por Emma Lázare Rodríguez e publicada por Edicións Xerais no ano 2002. No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Lázare Rodríguez dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais. No ano 2010, foi publicada de novo por Edicións Xerais.

Notas

Véxase tamén Outros artigos  Biblioteca Galega de Clásicos Universais

Categoría:Obras literarias de 1938 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego‎