O estorniño negroPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Sturnus unicolor) é unha ave paseriforme da familia Sturnidae. Está estreitamente relacionado co estorniño pinto, S. vulgaris, pero ten unha distribución moito máis restrinxida, confinado na Península Ibérica, noroeste de África, parte máis meridional de Francia, e as illas de Sicilia, Sardeña e Córsega. En Galicia é unha ave sedentaria e moi común e un dos dous estorniños que se poden ver no país, xunto do estorniño pinto. É unha ave esencialmente non migratoria.Hagemeijer, W. J. M., & Blair, M. J., eds. (1997). The EBCC Atlas of European Breeding Birds pp. 690. Poyser, London .

Taxonomía e sistemática miniatura|esquerda|Estorniño negro

Debido á recente división do xénero Sturnus, esta especie e mais o estorniño común, son as únicas especies que quedan no xénero.Zuccon, D., Pasquet, E., & Ericson, P. G. P. (2008). Phylogenetic relationships among Palearctic–Oriental starlings and mynas (genera Sturnus and Acridotheres: Sturnidae). Zoologica Scripta 37: 469–481. Full text IOC World Bird List: Sturnidae Ocasionalmente atópanse híbridos entre esta especie e o estorniño común onde as áreas reprodutoras de ambos se solapan no noroeste da Península Ibérica.

Descrición

miniatura|Ovos de Sturnus unicolor no MHNT

O adulto é moi similar ao estorniño común, pero un pouco máis grande (21–23 cm de lonxitude; 70–100 g de peso), e ten unha plumaxe negra de aspecto aceitoso e máis escura, con brillos lixeiramente púrpuras ou verdes, que carece totalmente de pintas en primavera e verán, e só con moi poucas manchas claras pequenas en plumaxe de inverno, formadas polas puntas claras das plumas. Tamén difire por ter plumas na gorxa claramente máis grandes (dúa veces a lonxitude das que ten o estorniño común), formando unha "barba" descoidada, que é especialmente visible cando a ave está cantando. As súas patas son rosas brillantes. En verán, o bico é amarelo cunha base azulada nos machos e unha base rosada nas femias; en inverno, é máis apagado, a miúdo anegrado. Os xoves son dunha cor marrón apagada, máis escura que a dos xoves de estorniño común, e teñen un bico negro e patas marróns.Blasco-Zumeta, J., & Heinze, G.-M. (undated). Laboratorio Virtual Ibercaja 417 Spotless Starling A confusión co estorniño común é especialmente fácil durante o inverno, cando os estorniños comúns son abundantes na área de distribución do estorniño negro, pero tamén en verán onde se solapan as súas áreas de reprodución no nordeste de España e a parte máis ao sur de Francia. Pode tamén confundirse co merlo común, Turdus merula, que se diferencia claramente pola súa cola máis longa e carecer de brillo na plumaxe. Diferénciase do merlo (Turdus merula), tamén negro -o macho- e de tamaño similar, en que este ten o peteiro laranxa (o do estorniño é amarelo) e que levanta a cola ó pousarse.

Igual que os estorniños comúns, máis que choutar camiña, e ten un voo directo potente, mostrando unhas ás de aspecto triangular e cola curta. É unha ave ruidosa e un bo imitador; as súas chamadas son similares ás do estorniño común, pero máis altas.

Distribución e hábitat O estorniño negro utiliza unha ampla variedade de hábitats e pode encontrarse en calquera ambiente aberto axeitado, desde terras agrícolas ou olivares a zonas habitadas por humanos. As maiores densidades de poboación danse en bosques de enciñas pastados, e hábitats urbanos como Xibraltar, onde é común.The Gibraltar Bird List A poboación creceu nas última décadas cunha expansión da súa área de distribución cara ao norte, espallándose por toda España (antes estaba ausente a partir do nordeste) entre 1950 e 1980, e colonizando localmente ao longo da costa sur de Francia desde 1983. Igual que o seu parente máis común, é omnívoro, comendo unha gran variedade de invertebrados, bagas, e sobras proporcionadas por humanos. É gregario, formando bandadas de considerable tamaño, a miúdo mesturados cos estorniños comúns, de ata 100 000 en inverno. miniatura|Estorniño negro (Sturnus unicolor) A especie é endémica do norte de África e a Península Ibérica, na que resulta común e moi abundante; obsérvase unha expansión cara o norte. Tamén en Galicia é sedentaria e abundante. Pódese ver nos mesmos espazos có estorniño pinto e adoitan voar en bandos mesturados de milleiros de exemplares. Este comportamento marcadamente gregario maniféstao dende que abandona o niño.

Aniña en cavidades en árbores, edificios e cantís. Normalmente pon de tres a cinco ovos.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ageing and Sexing (PDF; 4.5 MB) de Javier Blasco-Zumeta & Gerd-Michael Heinze

Categoría:Estúrnidos Categoría:Aves de Galicia Categoría:Animais descritos en 1820