O tálero de convención (en alemán: Konventionstaler) foi unha moeda de prata padrón do Sacro Imperio Romano Xermánico, entre 1754 e mediados do século XIX."Konventionstaler". En Münzen Lexikon. Reppa.de.

O exemplo máis sobranceiro de tálero de convención é o coñecido como Tálero de María Tareixa."Konventionsfuß". En Münzen Lexikon. Reppa.de."History of the Maria Theresa Thaler". En www.theresia.name/en Historia A súa creación supuxo un intento de unificar os diferentes táleros en circulación. Para tal efecto, os estados soberanos, entre os que destacaban Baviera e Austria, asinaron o 20 de setembro de 1753 un tratado monetario denominado Konventionsfuß.

O tálero de convención ou konventionstaler foi, xa que logo, sucesor de moedas como o kronentaler e sobre todo o reichstaler, que equivalía a 1/9 do marco de Colonia, o que supuña unha desvalorización."Reichstaler". En Münzen Lexikon. Reppa.de."Kronentaler". En Münzen Lexikon. Reppa.de.

Como consecuencia do novo tratado de unión monetaria asinado en 1837, Alemaña acabou por substituír, en 1838, o tálero de convención polo tálero prusiano (equivalente a 1/14 do marco de Colonia).

Pola súa banda, o Imperio Austríaco mantivo a súa produción ata 1857, pouco antes da adopción do vereinstaler e, posteriormente, do florín austrohúngaro."Vereinstaler". En Münzen Lexikon. Reppa.de.miniatura|Tálero de convención ou konventionstaler do Principado de Brunswick-Wolfenbuttel, cuñado en 1765|centro Valor e equivalencias O konventionstaler instituíuse co peso e valor da décima parte dun marco de Colonia de prata, ou 23,39 gramos. Este é o motivo de que habitualmente luza a lenda X EINE FEINE MARK ou a súa abreviatura XEF MARK ("10 partes dun marco de prata fina")

1 tálero de convención = 2 floríns austrohúngaros = 40 groschen = 120 kreuzer. 1 tálero de convención = 2,4 floríns dos estados alemáns do Sur = 144 kreuzer. 1 tálero de convención = 1 do tálero de conta dos estados do Norte a = 32 groschen).

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Tálero Tálero de María Tareixa Reichstaler Kronentaler Tálero de Prusia Vereinstaler

Ligazóns externas

"La evolución del Thaler o Taler ". Cervera Colecciones.

Categoría:Tálero