Proceso en Jacobusland (Fantasía xudicial en ningures) é unha obra dramática de Eduardo Blanco Amor publicada por Laiovento en 1990. Posteriormente foi traducida ao catalán.
Prólogo de Luís Pérez O teatro de E. Blanco Amor en busca de actores.
Blanco Amor escribiu a peza en 1973 e en 1974 leulla a un grupo persoas (Manuel Lourenzo, Francisco Pillado, Xan Guisán...).
En 1976 a Editorial Cuadernos para el Diálogo, Edicusa, publicou unha versión de Farsas para títeres en castelán co título Farsas y autos para títeres, na que se incluía o texto inédito Proceso en Jacobusland (Fantasía xudicial en ningures), que a censura fixo arrincar materialmente dos exemplares impresos. No mesmo ano a editorial fixo unha segunda edición na que xa incluíu o texto.
En 1980 foi publicada en castelán pola revista Pipirijaina. A versión castelá é máis libre, está adaptada lingüisticamente para un público que ten interiorizada unha historia teatral diferente á nosa.
En 1990 Laiovento publica só o texto galego, idioma no que foi pensada e escrita a obra.
Contido miniatura|300px|Carta de Blanco Amor a Carlos Laíño o 19-4-1978. Uxier, sen idade Presidencio, vello Segredoiro, sen idade Paisán ou Presunto, 40 anos Acusativo Vertical, 60 anos Muller ou Convicta-Confesa, 30 anos, que son 20 Defensorio Tolerado, 25 anos
Sala do Tribunal de Inxustiza en Jacobusland.
Acción escénica pantomímica.
Os letrados están debruzados e adormecidos, cada tanto espertan, escorrentan as moscas, endereitan o peluquín etc.
Acción mixta.
Voz en off: Audiencia pública. O espantallo ponse a tremer. Aparece o Uxier e sae unha cabeza degolada, moi ensanguentada e risoña. Tira con ela coma se fose un birlo e colle unha chave antiga de darlle corda aos reloxos; con ela vai espertando os letrados. Aparece o Presidencio, fraco, ollos de tolo, leva un colar honorífico con forma de porquiño. Espreguízase, senta e le os folios da mesa.
Acción-diálogo.
Represenación dun xuízo esperpéntico no que todo está amañado e o que menos importa é a xustiza. O xuíz está máis interesado nas súas nécoras ca nos feitos, non se escoitan os acusados nin interesan os feitos. Todo é unha farsa, pouco importa o que digan o Paisano, a Muller ou os veciños de Trasariz de Embaixo acusados de reunión ilegal cando o que estaban era a botar unha partida de cartas na cantina. Cando, ao final, o Paisano pode falar, conclúe:
Importancia Na Historia da Literatura Galega da AS-PG:
Segundo Laura Tato:
Para o Diccionario da literatura galega:
Segundo Xosé Ramón Pena:
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Tato Fontaíña, Laura (1993). O teatro de Eduardo Blanco Amor.
Categoría:Eduardo Blanco Amor Categoría:Obras literarias de 1990 Categoría:Obras de teatro en galego