«Jeg rev et blad ud af min dagbog» (en galego: «Arrinquei unha folla do meu diario») é unha canción composta por Harry Jensen e interpretada en dinamarqués por Raquel Rastenni. Lanzouse como sinxelo en 1958 mediante His Master's Voice. Foi elixida para representar a Dinamarca no Festival de Eurovisión de 1958 tras gaña-la final nacional dinamarquesa, Dansk Melodi Grand Prix 1958.
Festival de Eurovisión 1958 miniatura|esquerda|Raquel Rastenni interpretando a canción durante un ensaio do Festival de Eurovisión 1958. Selección «Jeg rev et blad ud af min dagbog» cualificouse para representar a Dinamarca no Festival de Eurovisión 1958 tras gaña-la final nacional dinamarquesa, Dansk Melodi Grand Prix 1958.
No festival A canción participou no festival celebrado nos estudos AVRO en Hilversum o 12 de marzo de 1958, sendo interpretada pola cantante dinamarquesa Raquel Rastenni. A orquestra foi dirixida por Kai Mortensen.
Foi interpretada en sexto lugar, seguindo a Suecia con Alice Babs interpretando «Lilla stjärna» e precedendo a Bélxica con Fud Leclerc interpretando «Ma petite chatte». Ao final das votacións, a canción recibiu 3 puntos, obtendo o oitavo posto de 10.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Dinamarca no Festival de Eurovisión
Categoría:Cancións en lingua dinamarquesa Categoría:Cancións de 1958 Categoría:Sinxelos de 1958 Categoría:Cancións de Eurovisión 1958 Categoría:Cancións de Dinamarca en Eurovisión