José Lijó Louro, coñecido como Pepe o Cocheiro, nado en Ribeira en 1900 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 1937, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Chofer. Membro Sindicato xeral de traballadores da CNT e do Comité da Fronte Popular en Ribeira. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión militar o 21 de decembro con Julio Silva Vilas, Manuel Fernández Sendón, Eugenio Rodríguez Bilbao e José Sieira González,El Eco de Santiago, 21-12-1936, p. 2. foi condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca de Compostela o 29 de xaneiro de 1937.El Eco de Santiago, 29-1-1937, p. 2.

Notas

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ribeira Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes