María Dolores Fernández Galiño, nada no Carballiño en 1963, é unha avogada e xurista galega.

Traxectoria Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1986 e diplomada en Práctica Xurídica pola Universidad de Santiago de Compostela. En 1989 aprobou a oposición á carreira xudicial e á carreira fiscal. Ten recoñecida a especialización de Dereito Civil de Galicia.

Foi xuíza de Ponteareas a principios dos anos noventa. Ascendeu a maxistrada en 1992, e foi xuíz do Xulgado do Social de Pontevedra. Dende 2001 foi xuíz da Sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña.María Dolores Fernández Galiño, probable nueva Valedora do Pobo

Ten publicados estudos e investigacións vinculados ao dereito laboral con perspectiva de xénero nas revistas Revista Derecho Social y Empresa, Femeris: Revista Multidisciplinar de Estudios de Género, !Qual: revista de género e igualdad, Falamos de feminismo.

En xullo de 2019 foi elixida Valedora do Pobo.María Dolores Fernández Galiño, nueva valedora do Pobo En 2026 repetirá o mandato.

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Avogados do Carballiño Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Valedores do Pobo Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1963