Homeland é unha serie de televisión estadounidense de espionaxe desenvolvida por Howard Gordon e Alex Gansa. Está baseada na serie israelí Prisoners of War (título orixinal en ; "Hatufim", que significa literalmente "Secuestrados"), que foi creada por Gideon Raff.
A serie está protagonizada por Claire Danes no papel de Carrie Mathison, unha axente da Central Intelligence Agency con trastorno bipolar, e Damian Lewis como Nicholas Brody, un marine dos Estados Unidos. Mathison cre que Brody, quen estivo secuestrado por Al-Qaida como prisioneiro de guerra, foi convertido polo inimigo e representa unha ameaza para os Estados Unidos de América. A serie evoluciona dende esta premisa, ó tempo que evoluciona a carreira de Mathison.
A serie emítese nos Estados Unidos a través da canle por cable Showtime, e foi producida por Fox 21 Television Studios (anteriormente Fox 21). Estreouse o 2 de outubro de 2011. O primeiro episodio estivo dispoñible en liña durante máis de dúas semanas antes da emisión en televisión, e os visitantes tiñan que completar xogos para conseguir acceso. A serie terminou de emitir a sétima tempada o 29 de abril de 2018, e foi renovada para unha oitava e derradeira tempada, que se estreou a finais de 2019.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión iniciadas en 2011