O Gran Premio de Baden-Württemberg de Motociclismo foi unha carreira de motociclismo que se correu soamente no ano de 1986 organizada pola Federación Internacional de Motociclismo, no circuíto de Hockenheimring (Baden-Württemberg, Alemaña).

Este Gran Premio, adicional ao calendario de 1986, estivo reservado para as categorías de 80 cm3, 125 cm3 e sidecar, en compensación pola cancelación do Gran Premio de Suráfrica debido á política de apartheid liderada por este país, que causara numerosas polémicas.

No Gran Premio, o futuro campión do mundo, Ralf Waldmann, fixo o seu debut no Campeinato Mundial de motocicletas.

Competiu na clase de 80 cc e terminou 19º.

Por primeira vez nestes campionatos, desde Gina Bovaird en 1982, unha muller competiu na Copa do Mundo, a alemá Petra Gschwander.

Porén, non logrou clasificarse para a carreira dos 80 cc.

Gañadores do Gran Premio de Baden-Württemberg de Motociclismo

Ano Circuíto 80 cc 125 cc SidecarPilotoConstrutorPilotoConstrutorPilotoConstrutor 1986 Hockenheimring Gerhard Waibel Real Fausto Gresini Garelli Egbert Streuer Bernard Schnieders (LCR/Yamaha)

Notas

Categoría:Grandes Premios de Motociclismo