Hannah Augusta Darling Jawara, nada co apelido Mahoney en Banjul en maio de 1924 e finada en Londres o 21 de xaneiro de 1981, foi unha activista dos dereitos da muller, autora de obras de teatro e enfermeira gambiana. Traxectoria Naceu nunha familia cristiá e crioula do pobo aku. Foi filla de John Mahoney, primeiro portavoz da Asemblea Nacional de Gambia, e da súa muller Hannah. Foi irmá de Louise N'Jie.

Estudou no Instituto Mohammedan, onde coñeceu o seu futuro marido e presidente Dawda Jawara. Estudou enfermaría en Edimburgo, Escocia. En febreiro de 1955 casou con Jawara. A súa primeira crianza naceu en Edinburgo, onde o seu home regresara a estudar.

En 1960 converteuse na primeira muller en Gambia en ser candidata nunhas eleccións lexislativas á Asemblea Nacional de Gambia, representando o partido do seu home, o Partido Progresista Popular. En 1962 formou a Women's Contemporary Society. En 1967 ela e a súa parella divorciáronse, e ela converteuse ao islam.

A súa obra The African King foi representada no Negro Arts Festival en Dakar en 1966. En 1968 publicou Rebellion, "quizais o primeiro libro infantil proclamadamente feminista e para nenas na tradición e historia literaria de Gambia". Publicado baixo pseudónimo, Rebellion a obra de teatro fala de Nyasta, unha adolescente nunha vila rural que loita por proseguir coa súa educación en vez de sufrir un matrimonio concertado. Cando se publicou, era presidenta da Federación de Mulleres de Gambia,, que axudou a constituír a partir de asociacións de mulleres da área metropolitana de Banxul.Isatou Njie-Saidy, Keynote Address , 8 de marzo de 2001.

Obra The African King (1966) Rebellion (1968) "The Gambia Women's Federation", en Women Today, Vol. 6, No. 4 (1965), pp. 79–81.

Notas

Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Nados en Banjul Categoría:Escritores de Gambia Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Feministas de Gambia Categoría:Políticos de Gambia