miniatura|Satrapía de Capadocia no imperio aqueménida. Ariarates II (en , Ariaráthēs), nado cara ao 320 a.C., foi un sátrapa e, despois, rei de Capadocia.
Traxectoria Era fillo de Orofernes I, pero ao morrer este foi adoptado como fillo polo seu tío Ariarates I, rei de Capadocia. Trala execución de seu tío por Pérdicas, fuxiu a Armenia onde permaneceu até a morte de Eumenes de Cardia (convertido no gobernante de Capadocia por Pérdicas) a mans de Antígono I Monóftalmos.
Nese momento, e trala batalla de Isos (301 a.C.), foi recoñecido como gobernante semi-independente de Capadocia por Seleuco I Nicátor, a cambio de acepta-la soberanía Seleúcida.Hazel (2000), p. 30 Ao morrer Seleuco (280 a.C.), o territorio pasa a poder de Antíoco I Sóter e cara ao 280 a.C., aproveitando un momento de debilidade deste, co apoio de Orontes III (ou Ardoates), rei de Armenia, conseguiu derrotar a Amintas, o xeneral macedonio de Antíoco co que comeza, practicamente, unha etapa de independencia.
Foi sucedido por Ariamnes, o máis vello dos seus tres fillos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Lista dos reis de Capadocia
Categoría:Reis de Capadocia Categoría:Capadocia Categoría:Persia Categoría:Imperio Seléucida Categoría:Historia de Turquía