miniatura|Biblia Kennicott Galicia, un relato no mundo foi unha exposición temporal da Xunta de Galicia no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, feita co gallo da celebración do Ano Santo Xacobeo do ano 2021. Inaugurouse o 15 de novembro de 2019 e rematou o 12 de abril de 2020. miniatura|Liber Sancti Iacobi, copia da Universidade de Salamanca.

Descrición Comisariada por Manuel Gago Mariño, conta coa colaboración do Consello da Cultura Galega. Canda Manuel Gago, o comité científico está integrado por José Miguel Andrade, Beatriz Comendador Rey, José Manuel Costa García, Emilio Grandío Seoane, Juan M. Monterroso Montero e Rafael Rodríguez Martínez, ademais do asesoramento de Pilar Cagiao na área de emigración. miniatura|Itinerario de Exeria. Está composta por trescentas pezas, obras clave da cultura galega, algunhas delas nunca antes exhibidas en Galicia, procedentes de arredor de oitenta institucións, entre elas a Biblioteca Apostólica Vaticana, o Trinity College de Dublín, a Parker Library da Universidade de Cambridge e o Museu Nacional de Arqueologia de Lisboa.

Algunhas pezas da exposición miniatura|O paraíso terrenal de Pieter Brueghel o Novo. miniatura|O xuízo final, de Giovanni Bernardino Azzolino. Biblia Kennicott da Bodleian Library, Universidade de Oxford. Libro das Invasións do Libro de Leinster. Trinity College de Dublín. Mapa de Sawley, da Parker Library da Universidade de Cambridge. Liber Sancti Iacobi da Biblioteca Apostólica Vaticana. Liber Sancti Iacobi da Universidade de Salamanca. Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Estoria de España de Afonso X o Sabio. Itinerario de Exeria da Biblioteca de Arezzo, na Toscana. Guerreiro do Castro de Lesenho, de Covas do Barroso, Boticas. Réplica do "pobo dos galaicos" do Sebasteion de Afrodisias en Turquía. Pinturas que pertenceron á colección dos Condes de Lemos do Museo do Prado de Madrid:"Acordo co Museo del Prado para exhibir no Gaiás un cadro de Brueghel o Novo e un Luqueto, na exposición 'Galicia, un relato no mundo'" Cidade da Cultura. 20/8/2019. O paraíso terrenal de Pieter Brueghel o Novo (copia de Pieter Brueghel o Vello). A morte de Lucrecia, atribuído a Luca Cambiaso. A Santa de Francisco Asorey, da Casa de Galicia de Montevideo."A 'Santa' de Asorey volve a Galicia" CCG. 8/10/2019. Bandeira sinxela do Terzo de Galegos de Buenos Aires do Museo Marítimo Ingeniero Cerviño.O Museo Marítimo Ingeniero Cerviño está localizado na Escola Nacional de Náutica Manuel Belgrano, Buenos Aires. Cadro Don Pedro Antonio Fernández de Castro, X Conde de Lemos, Vicerrei do Perú. Talla de Santiago Matamouros da Sociedade de Beneficencia de Naturais de Galicia da Habana. Estatua do S. Marcos de Corcubión, da escola veneciana, segunda metade do s. XV. Pinturas do Colexio da Nosa Señora da Antiga: O xuízo final de Giovani Bernardino Azzolino."Dúas obras da colección da FCNSdlA saen de Monforte" Fundación Colexio Nª Sª da Antiga Santa Catalina de Alejandría de Andrea del Sarto. A reprodución do Retablo de Monforte, de Hugo van der Goes, finalmente foi descartada.Albo, Francisco (5/11/2019). "Al final, el Van der Goes se queda" La Voz de Galicia . Guerreiro celta (1928), de Narciso Pérez Rey, Museo de Pontevedra. Santa Mariña, de Cornielles de Holanda (s. XVI), Museo Catedralicio de Ourense.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Galicia no tempo Gallaecia Petrea 100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura Ligazóns externas

Categoría:Exposicións en Galicia Categoría:Cidade da Cultura de Galicia Categoría:Xunta de Galicia Categoría:2019 en Galicia Categoría:2020 en Galicia