Os oromo (en ) son un grupo étnico cuxita que habita na rexión de Oromia, en Etiopía. É un dos meirandes grupos étnicos de Etiopía e representa o 34,5% da poboación do país.Ethiopia: People & Society , CIA Factbook (2016) Os oromo falan a lingua oromo como lingua materna (tamén chamada afaan oromoo e oromiffa), que forma parte da póla cuxita das linguas afroasiáticas. A verba oromo apareceu na literatura europea por vez primeira en 1893 e pouco a pouco fíxose común na segunda metade do século XX.
Outrora, os oromo practicaban a súa relixión tradicional e empregaban o sistema gadaa de goberno.Harold G. Marcus A History of Ethiopia. University of California Press (1994) pp. 55 Google Books Un líder elixido polo sistema gadaa permanecía no poder só durante 8 anos, despois do cal se facían eleccións. Durante os séculos XVIII e XIX, os oromo foron o grupo dominante do norte de Etiopía no período Zemene Mesafint. Foron protagonistas de grandes migracións históricas, e de guerras cos cristiáns do norte e cos musulmáns do sur e do leste no Corno de África.Mohammed Hassen, Conquest, Tyranny, and Ethnocide against the Oromo: A Historical Assessment of Human Rights Conditions in Ethiopia, ca. 1880s–2002 , Northeast African Studies Volume 9, Number 3, 2002 (New Series)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Tsega Etefa, Integration and Peace in East Africa: A History of the Oromo Nation. Nova York: Palgrave Macmillan, 2012. Mohammed Hassan, The Oromo of Ethiopia, A History 1570–1860. Trenton: Red Sea Press, 1994. Herbert S. Lewis. A Galla Monarchy: Jimma Abba Jifar, Ethiopia 1830–1932. Madison: The University of Wisconsin Press, 1965.
Temesgen M. Erena, Oromia: 'Civilisation, Colonisation And Underdevelopment, Oromia Quarterly, No.1, xullo de 2002, .
Categoría:Pobo oromo