Vera Valentina Benrós de Melo Duarte Lobo de Pina, nada en Mindelo o 2 de outubro de 1952, é unha xurista e escritora de Cabo Verde.
Traxectoria
Estudou Dereito na Universidade Clásica de Lisboa. De volta a Cabo Verde, foi xuíza conselleira do Tribunal Supremo de Xustiza e Conselleira do Presidente da República. En 1995 recibiu o Premio Norte-Sur do Consello de Europa, en recoñecemento á súa loita na defensa dos dereitos humanos. Integrou a Comisión Africana dos Dereitos do Home e dos Pobos e a Comisión Internacional de Xuristas.
Estreouse na literatura en 1993 co libro de poemas Amanhã Amadrugada. A súa primeira novela, A Candidata (2003), recibiu o Premio Sonangol de Literatura. En 2019 participou na Coruña no ciclo Poetas Di(n)versos. Obras Poesía Amanhã amadrugada (1993) O arquipélago da paixão (2001) Preces e súplicas ou os cânticos da desesperança (2005) Exercícios poéticos (2010) Novela A candidata (2003) Ensaios Construindo a utopiaCorrêa, Cláudia Maria Fernandes; Pereira, Érica Antunes. Vera Duarte: retratos do cotidiano feminino . Revista Educação e Linguagens, Campo Mourão, v. 2, n. 2, jan./jun. 2013 (2007)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Pereira, Érica Antunes. Vera Duarte: “A mulher cabo-verdiana é uma personagem interessante”. Mulemba - n.4 - UFRJ - Rio de Janeiro / Brasil / julho / 2011 Secco, Carmen Lucia Tindó Ribeiro. Sob a égide de Antígona: a dimensão trágica do lirismo caboverdiano de Vera Duarte. SCRIPTA, Belo Horizonte, v. 8, n. 15, p. 215-225, 2º sem. 2004
Categoría:Nados en Cabo Verde Categoría:Nados en 1952 Categoría:Escritores de Cabo Verde Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Xuristas de Cabo Verde Categoría:Alumnos da Universidade de Lisboa Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Activistas polos dereitos humanos de Cabo Verde