Evgenii Pavlovich Leonov (), nado en Moscova o 2 de setembro de 1926 e finado na mesma cidade o 29 de xaneiro de 1994, foi un actor soviético-ruso que interpretou papei en varios dos filmes soviéticos máis célebres, como Dzhentlmeny udachi, Mimino e Polosatyi reys. Considerado "un dos máis queridos actores de Rusia",Death: Yevgeny Leonov. The Guardian (Londres). 23 de febreiro de 1994. tamén puxo voz a moitas personaxes de animación, incluído Vinni Pukh (Winnie-the-Pooh).
Traxectoria Primeiros anos Mentres Leonov crecía nunha típica familia moscovita, arelaba convertirse en piloto de guerra, soño habitual entre moitos mozos durante a segunda guerra mundial. Isto tamén adoita atribuírse ao feito de que o seu pai traballa nunha fábrica de avións. Durante a gran guerra patriótica, el e toda a súa familia traballa nunha fábrica de fabricación de armas. Trala guerra, uniuse á escola do Teatro da Arte de Moscova, onde estudou con Mikhail Ianshin.
Carreira No seu primeiro filme, Leonov apareceu como extra e non recibiu ningunha atención. Máis adiante comezouse en actor habitual de Giorgi Danelia, aparecendo en todas as súas obras, incluídas Dzhentlmeny udachi, Osenniy marafon, Mimino, Afonya e Kin-dza-dza!. Especializouse en papeis cómicos polo seu físico,Allmovie mais tamén recibiu críticas notables polos seus papeis tráxicos e a súa invariábel naturalidade da súa interpretación. Dise que moitos actores destacados evitaban aparecer nos mesmos filmes con Leonov, polo seu xeito natural de actuar, que os facía parecer tensos.
A pesar da súa breve aparición en Osenniy marafon (1980) de Danelia (un dos seus filmes máis populares), gañou polo papel o premio ao mellor actor no Festival de Venecia. No filme, Leonov brillou como antiheroe e realizou un retrato hilarante dun simple e entremetido home que bebía demasiado e que non adoraba nada máis que dicir parvadas mentres alguén o puidese soportar. Outros filmes fundamentais foron Dzhentlmeny udachi e Belorusski vokzal, ambs de 1971.Russia Parts With a Comic Legend. John Freedman. The Moscow Times No. 392. 3 de febreiro de 1994. "Dise que Leonov foi para os rusos o que Fernandel foi para os franceses". Interpretou máis de 200 personaxes e foi o máis coñecido actor secundario do cinema ruso.
En 1991 (ou en 1988Леонов Евгений - Биография - Актеры советского и российского кино Евгений Леонов (Evgeniy Leonov) - биография - советские актёры - Кино-Театр.РУ Биография Евгения Леонова - РИА Новости, 02.09.2016 ), cando facía unha xira en Alemaña, sufriu un ataque cardíaco masivo que o deixou en coma durante 10 ou 16 días. A súa vida foi salvada logo dunha cirurxía importante e en canto Leonov se recuperou comezou a poñer datas a novas interpretacións no teatro Lenkom.
Leonov faleceu o 29 de xaneiro de 1994 de camiño ao Teatro Lenkom para interpretar The Prayer For The Dead (A Memorial Prayer). Cando se anunciou a súa morte ao público, este espontaneamente lanzouse á igrexa do outro lado da rúa e acendeu candeas en sinal de loito. Máis de medio millón de persoas resistiron ao frío para realizar unha procesión na súa memoria. Está enterrado no cemiterio Novodevichy de Moscova, preto doutras importantes figuras da cultura rusa.Sviridov buried in Novodevichy cemetery in Moscow. Viktoria Dunayeva. TASS 9 de xaneiro de 1998.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Website about Leonov
Categoría:Nados en Moscova Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Actores de cinema de Rusia Categoría:Actores de teatro de Rusia Categoría:Actores de voz de Rusia