Filostorxio (en grego, Φιλοστόργιος en latín, Philostorgius), nado en Borissos (Capadocia) c. 368 e finado c. 439, foi un historiador bizantino eclesiástico de tendencia ariana.
Traxectoria Seguidor do arianismo elaborou unha Historia eclesiástica, inspiradora do Epítome de Focio. Seu pai era un eunomiano que converteu a toda a familia. Aos vinte anos, durante o reinado de Arcadio foi a Constantinopla para completar os seus estudos. Coñeceu a Eunomio en Capadocia, o que lle influíu moito.
Filostorxio é sen dúbida o erudito máis sobresaliente da súa época, como o demostran as numerosas digresións dos seus traballos. Historia eclesiástica Entre 425 e 433 compilou unha Historia eclesiástica en doce libros, ao principio do cisma ariano. A obra de Filostorxio, hoxe desaparecida, parece que incluía múltiples detalles, especialmente curiosidades xeográficas de Asia e África. Contaba de moitos prodixios, monstros, milagres e outras marabillas. No epítome realizado por Focio, está o detalle particular polo que a visión de Constantino antes da batalla de Ponte Milvio — é dicir, aquela onde lle foi indicado de usar o signo da cruz para vencer a Maxencio — deuse de noite. Notas
Véxase tamén
Outros artigos Ario. Ligazóns externas
Categoría:Historiadores bizantinos Categoría:Nados no século IV Categoría:Finados no século V Categoría:Século V